Río Narcea
Tipo | río curso de auga río principal | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | Asturias, España | |||
Final | ||||
División administrativa | Asturias, España | |||
Localización | Río Nalón | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Conca hidrográfica | Nalón basin (en) | |||
Características | ||||
Dimensións | 110,9 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 1.135 km² | |||
Medicións | ||||
Caudal | 15,77 m³/s | |||
O río Narcea é un curso de auga asturiano, afluente do Nalón pola súa beira esquerda. É o segundo dos ríos máis importantes de Asturias que desenvolven o seu curso completo dentro do Principado, tanto pola súa lonxitude, 91 km, como polo seu caudal medio, 43,41 m³/s.
Percorrido
[editar | editar a fonte]O Narcea nace nas Fontes del Narcea, na serra de Cenielles, a preto de 1.600 m.s.n.m., para fluír con sentido xeral se suroeste a nordeste. Ao longo do seu curso baña os concellos de Cangas del Narcea, Tinéu, Miranda e Pravia. Neste último rende as súas augas ao Nalón á altura do lugar de Forcinas. En conxunto a súa conca abrangue unha área de 1.135 km².
A localidade máis importante sita ás súas beiras é Cangas del Narcea.
Afluentes
[editar | editar a fonte]Pola dereita:
Pola esquerda:
Espazos naturais
[editar | editar a fonte]Na cabeceira do río sitúase o Parque Natural das Fontes do Narcea, Degaña e Ibias.
Aproveitamento hidroeléctrico
[editar | editar a fonte]No Narcea están instalados dous encoros para a produción de electricidade, son os de La Barca (con 32 millóns de m³ de auga represados) e o de Honda (800.000 m³).
Outros
[editar | editar a fonte]É un dos ríos salmoneiros máis importantes de Asturias.