Saltar ao contido

Rábade

Modelo:Xeografía políticaRábade
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°06′43″N 7°37′07″O / 43.111944444444, -7.6186111111111
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor en Wikidata
CapitalRábade Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.503 (2023) Editar o valor en Wikidata (300,6 hab./km²)
Xeografía
Superficie5 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude400 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1925 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataFrancisco Xosé Fernández Montes Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Rábade Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27370 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE27056 Editar o valor en Wikidata

Páxina webrabade.org Editar o valor en Wikidata

Rábade é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo. Segundo o IGE en 2014 tiña 1604 habitantes (1668 no 2006, 1668 no 2005, 1630 no 2004, 1626 no 2003).

Onomástica

[editar | editar a fonte]

O topónimo Rábade podería ter orixe no termo hispano-árabe rabaḍ, co significado de "barrio, suburbio", que deu tamén o termo arrabalde.[1] O xentilicio é «rabadés/esa» ou «rabadense».[2]

Demografía

[editar | editar a fonte]
Censo total 2014 1604 habitantes
Menores de 15 anos 171 (10,66 %)
Entre 15 e 64 anos 998 (62,22 %)
Maiores de 65 anos 435 (27,12 %)

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello de Rábade está integrado na comarca de Lugo, no cuadrante nordés de Galicia. Situado a 13,5 km de Lugo, o concello limita cos de Begonte polo norte e oeste, e Outeiro de Rei polo leste e sur.

A súa reducida extensión territorial, de 5,2 km², correspóndese con tan só un 0,41 % da comarca, sendo o segundo concello máis pequeno de Galicia[3]. Ten unha alta densidade de poboación. Está constituído por unha única parroquia e entidade de poboación, a vila de Rábade. Rábade experimentou unha progresiva transformación orientada a converterse nun importante centro de comunicacións e núcleo de servizos, sendo especialmente importante o seu crecemento nas décadas de 1970 e 1980.

Se ben o Nomenclátor de Galicia só recolle o núcleo da vila de Rábade, a parroquia abrangue tamén os lugares do Campo, A Ponte, Regabaixo, Tras do Regueiro e Vilardeseo.[4]

Rábade figura nos itinerarios medievais, concretamente nos traxectos que unían Vilalba e Rábade, por un lado, e Rábade e Parga por outro, na vía romana entre Betanzos e Lugo. Na idade media está datada a ponte antiga de Rábade, concretamente nos séculos XIII-XIV, e sobre esta ponte estableceuse a portaxe ou pago por dereito de paso.

Trala División territorial de España en 1833 Rábade integrouse primeiro no concello de Outeiro de Rei en 1835, e posteriormente no de Begonte, logo da reforma de 1840. En 1925 Rábade converteuse en concello independente ó segregarse de Begonte.

En 1875 inaugurouse o tramo LugoA Coruña da liña Palencia-A Coruña, con estación en Rábade, aínda en servizo actualmente. A vila está tamén atravesada pola estrada N-VI, e en paralelo a ela pasa a autovía A-6.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Rábade.

Lugares de Rábade

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Rábade vexa: Lugares de Rábade.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Rábade

Rábade (San Vicenzo)

  1. Martínez Lema, Paulo (2018). Toponimia de Begonte e Rábade. A Coruña: Real Academia Galega. p. 72-73. ISBN 978-84-947823-2-9.Mart�nez Lema&rft.btitle=Toponimia de Begonte e Rábade&rft.date=2018&rft.genre=book&rft.isbn=978-84-947823-2-9&rft.pages=72-73&rft.place=A Coruña&rft.pub=Real Academia Galega&rft_id=https://doi.org/10.32766/RAG.333&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988"> 
  2. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 56. ISBN 978-84-8158-706-7.Costas González&rft.btitle=Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega&rft.date=2016&rft.genre=book&rft.isbn=978-84-8158-706-7&rft.pages=56&rft.place=Vigo&rft.pub=Universidade de Vigo&rft_id=https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2018-10/Xentilicios_0.pdf&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988"> 
  3. Só por diante de Mondariz-Balneario, con 2,3 km².
  4. Martínez Lema, Paulo (2018). Toponimia de Begonte e Rábade. A Coruña: Real Academia Galega. ISBN 978-84-947823-2-9.Mart�nez Lema&rft.btitle=Toponimia de Begonte e Rábade&rft.date=2018&rft.genre=book&rft.isbn=978-84-947823-2-9&rft.place=A Coruña&rft.pub=Real Academia Galega&rft_id=https://doi.org/10.32766/RAG.333&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988"> 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Núñez Castro, Cristina (2003). De Rapati a Rábade. O municipio de Rábade e a evolución histórica do seu territorio. Concello de Rábade.Núñez Castro&rft.btitle=De Rapati a Rábade. O municipio de Rábade e a evolución histórica do seu territorio&rft.date=2003&rft.genre=book&rft.pub=Concello de Rábade&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">