Saltar ao contido

Quincy Acy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaQuincy Acy

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de outubro de 1990 Editar o valor en Wikidata (33 anos)
Tyler, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónJohn Horn High School (en) Traducir
Universidade Baylor (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura201 cm Editar o valor en Wikidata
Peso106 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista , adestrador de baloncesto Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2012 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNBA G League, National Basketball Association e Baloncesto masculino da División I da NCAA Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla-pivote e Ala Editar o valor en Wikidata
Número deportivo13 Editar o valor en Wikidata
Convocado porToronto Raptors Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Northern Arizona Suns (pt) Traducir
- New York Knicks
- Toronto Raptors
2008-2012 Baylor Bears men's basketball (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Twitter: QuincyAcy Editar o valor en Wikidata

Quincy Jyrome Acy, nado o 6 de outubro de 1990 en Tyler, Texas, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no Olympiacos BC grego.

Instituto

[editar | editar a fonte]

No seu ano sénior no instituto, Acy fixo 17.8 puntos e 7.8 rebotes por partido. Foi clasificado coma o 80º mellor xogador do país e o 22º mellor ala-pivote.[1]

Traxectoria universitaria

[editar | editar a fonte]

Acy xogou para os Baylor Bears na Universidade. Coma freshman, acadou 5.4 puntos e 3.6 rebotes por partido. Foi elixido Rookie da Semana da conferencia Big 12 o 24 de novembro.[1]

Sophomore

[editar | editar a fonte]

Na súa tempada sophomore, Acy fixo 9.3 puntos e 5.1 rebotes por partido, sendo o sexto home de Baylor. Foi ademais incluído no mellor quinteto de reservas da Big 12.[1]

Coma júnior, aumentou os seus números até 12.4 puntos e 7.6 rebotes por partido. Na primeira rolda do torneo da Big 12, Acy anotou 21 puntos e capturou 15 rebotes, a marca máis alta da súa carreira, na derrota contra Oklahoma. Ó remate da tempada, foi nomeado Sexto Home do Ano da Big 12.[1]

Na súa derradeira tempada en Baylor, acadou 12.0 puntos e 7.4 rebotes por encontro. Ó remate da tempada, foi elixido no segundo mellor equipo da Big 12 polos adestradores da conferencia, e foi tamén incluído no mellor quinteto defensivo.[1]

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]

O 28 de xuño de 2012, Acy foi elixido na 37ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Toronto Raptors.

O 9 de decembro de 2013, os Raptors traspasaron a Acy, Rudy Gay e Aaron Gray ós Sacramento Kings a cambio de Greivis Vasquez, Patrick Patterson, John Salmons e Chuck Hayes.[2]

O 6 de agosto de 2014, Acy foi traspasado ós New York Knicks xunto a Travis Outlaw a cambio de Wayne Ellington e Jeremy Tyler.[3]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Quincy Acy Profile". baylorbears.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 2 de xullo de 2012. 
  2. "Kings Acquire Rudy Gay, Quincy Acy and Aaron Gray from Toronto". NBA.com. 9 de decembro de 2013. Consultado o 9 de decembro de 2013. 
  3. "Knicks Acquire Quincy Acy, Travis Outlaw". NBA.com. 6 de agosto de 2014. Consultado o 6 de agosto de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]