Querofobia
A querofobia, tamén coñecida como aversión á felicidade ou medo a ser feliz,[1] é unha actitude cara a felicidade que provoca que un individuo trate de evitar experiencias que poden producir emocións positivas e felicidade.[2][3][4]
Causas
[editar | editar a fonte]Unha das principais razóns que provocan o desenvolvemento da querofobia é a falsa crenza de que, se es feliz, algo negativo acontecerá para balancear esa alegría, como se a súa satisfacción merecera un castigo. Esta fobia parece ser máis común nas culturas orientais. En occidente, «tenden a ver a felicidade como un dos valores máis importantes que guían as vidas das persoas e que deben perseguir» xa que estas están máis influenciadas polo impulso de maximizar a felicidade (carpe diem) e minimizar a pena. Se unha persoa non parece externamente feliz pode preocupar as persoas ao seu redor, e que a persoa no estea feliz tende a implicar unha consulta a un psicólogo para tratar de mellorar.[5][6] O valor que se outorga á felicidade pode verse a través da psicoloxía positiva occidental ou a través da investigación sobre o benestar subxectivo.
O medo á felicidade está asociado ás crenzas sobre a súa fraxilidade. Alguen pode ter medo á felicidade cando pensa que está en perigo e pronto a perderá.[7] A investigación mostra que o medo á felicidade está asociado cos estilos de apego evitativo e ansioso.[8]
As malas experiencias pasadas e os traumas son outras razones que poden estar detrás do medo dunha persoa á felicidade.[1]
Tamén poden rexesitar ser felices mentres outros sofren.[9] É unha actitude similar á reflectida na famosa frase de Theodor Adorno («Escribir poesía despois de Auschwitz é un acto de barbarie»),[10] e igual de equivocada, porque despois de Auschwitz a abundante escritura de poesía non se pode describir como unha barbarie, especialmente se a comparamos con auténticas barbaries da historia (por exemplo o genocidio de Ruanda, o de Bosnia ou o dos rohingyas).
Factores culturais
[editar | editar a fonte]Joshanloo e Weijers identifican 4 motivos para a aversión á felicidade:
- a creenza de que a felicidade provocará cousas malas;
- que unha persoa feliz tende a volverse unha mala persoa;
- que expresar a felicidade é, dalgún xeito, malo para quen a expresa e para outros;
- que perseguir a felicidade é malo para quen a persigue e para outros.
Por exemplo, «algunhas persoas —en culturas occidentais e orientais— son precavidas ante a felicidade porque cren que cousas malas, como infelicidade, sufrimento ou morte, tenden a acontecer ás persoas felices».
Estes descubrimentos «poñen en cuestión a idea de que a felicidade é o fin último das persoas, unha crenza que se repite en innumerables artigos e publicacións de autoaxuda sobre qué elección é máis probable que che fagan feliz». Ademais «en culturas onde a felicidade mundanal está asocia co pecado, a superficialidade e a degradación moral, a gente sentirase menos satisfeita cando a súa vida estea ben». Por esta razón pode resultar erróneo tomar directamente as medidas de felicidade persoal como un marcador da satisfacción coa vida. Actitudes coma aversión á felicidade poden ter implicacións importantes para medir a felicidade en diferentes culturas e ordenar de maior a menor os países segundo as súas puntuacións de felicidade
O medo á felicidade pode considerarse un exemplo concreto do diferente que pode ser, segundo a cultura, o afecto ideal (descrito pola teoría de valoración dos afectos),[11][12] polo cal as culturas varían dependendo de cómo valoran e experimentan emocións diferentes.
Tratamento
[editar | editar a fonte]A querofobia pode remediarse con psicoterapia e terapia cognitivo-comportamentais.[1][13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Ana Zarzalejos e Lindsay Dodgson (9 de maio de 2018). "Cómo saber se sofres querofobia, o medo a ser feliz". Business Insider.
- ↑ Joshanloo, M.; Lepshokova, Z. K.; Panyusheva, T.; Natalia, A.; Poon, W.-C.; Yeung, V. W.-l.; Sundaram, S.; Achoui, M.; Asano, R. (2013-10-03). "Cross-Cultural Validation of Fear of Happiness Scale Across 14 National Groups". Journal of Cross-Cultural Psychology 45 (2): 246–264. doi:10.1177/0022022113505357.
- ↑ Joshanloo, Mohsen; Weijers, Dan (2013-12-15). "Aversion to Happiness Across Cultures: A Review of Where and Why People are Averse to Happiness". Journal of Happiness Studies 15 (3): 717–735. doi:10.1007/s10902-013-9489-9.
- ↑ Mosby (2016-04-29). Mosby's Medical Dictionary (en inglés). Elsevier Health Sciences. ISBN 9780323414265.
- ↑ "¿Por qué no soy feliz?".
- ↑ Mariana Álvarez (8 de febreiro de 2018). "¿Por qué no soy feliz?".
- ↑ Joshanloo, Mohsen; Weijers, Dan; Jiang, Ding-Yu; Han, Gyuseog; Bae, Jaechang; Pang, Joyce S.; Ho, Lok Sang; Ferreira, Maria Cristina; Demir, Melikşah (2015-10-01). "Fragility of Happiness Beliefs Across 15 National Groups". Journal of Happiness Studies 16 (5): 1185–1210. doi:10.1007/s10902-014-9553-0.
- ↑ Joshanloo, Mohsen (2018). "Fear and fragility of happiness as mediators of the relationship between insecure attachment and subjective well-being". Personality and Individual Differences 123: 115–118. doi:10.1016/j.paid.2017.11.016.
- ↑ Aurelio Campoy Ramos (16 de abril de 2010). "La Suma".
- ↑ Ibarlucía, Ricardo (1999). "Simiente de lobo: Celan, Adorno y la poesía después de Auschwitz". Trans/Form/Ação. doi:10.1590/S0101-31731999500100011. Consultado o 21 de setembro de 2020.
- ↑ Tsai, Jeanne L.; Louie, Jennifer Y.; Chen, Eva E.; Uchida, Yukiko (2007). "Learning What Feelings to Desire: Socialization of Ideal Affect Through Children's Storybooks". Personality and Social Psychology Bulletin 33 (1): 17–30. doi:10.1177/0146167206292749.
- ↑ Tsai, Jeanne L (outubro de 2017). "Ideal affect in daily life: implications for affective experience, health, and social behavior". Current Opinion in Psychology 17: 118–128. PMC 5659332. doi:10.1016/j.copsyc.2017.07.004.
- ↑ María Hoyos (14 de marzo de 2019). "Querofobia, el miedo irracional a ser feliz". La mente es maravillosa.
Véase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- The Fear of Freedom (libro do psicólogo Erich Fromm)
- Fobia
- Índice do planeta feliz