Quelea
Quelea | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Grupo de espécimes de Quelea quelea en Tanzania | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies e Subespecies | |||||||||||||||||||
|
Quelea é un xénero de aves da orde dos paseriformes, suborde dos oscines, infraorde dos paséridos, encadrado na familia dos ploceidos.
O xénero comprende tres especies propias da África subsahariana.[1]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1850 polo naturalista alemán Ludwig Reichenbach.[2]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Quelea probabelmente sexa un nome tribal africano.[3]
Especies
[editar | editar a fonte]O xénero comprende as seguintes tres especies, coas subespecies que se indican:[1][2]
Quelea Reichenbach, 1850
- Quelea cardinalis (Hartlaub, 1880)
- Quelea cardinalis cardinalis (Hartlaub, 1880)
- Quelea cardinalis rhodesiae Grant & Mackworth-Praed, 1944
- Quelea erythrops (Hartlaub, 1848)
- Quelea quelea (Linnaeus, 1758)
- Quelea quelea aethiopica (Sundevall, 1850)
- Quelea quelea lathamii (A. Smith, 1836)
- Quelea quelea quelea (Linnaeus, 1758)
Características
[editar | editar a fonte]Son aves gregarias de pequeno tamaño, como o dos gorrións, con peteiros adaptados para comeren sementes, que apañan cos seus robustos picos cónicos, e complementan a súa dieta con insectos, especialmente na época de cría. A súa preferencia polos grans fai que se consideren unha praga para a agricultura.[4]
A construción dos niños, como en todas especies de ploceidos, está a cargo dos machos, e o utilizan como unha forma de exhibición para seduciren ás femias. Os materiais usados para a súa construción son fibras finas de herba entretecida. Son grandes, e os penduran no extremo dunha póla.[4]
Como todas es especies de ploceidos son paxaros gregarios que a miúdo crían en colonias, de forma que moitos niños colgan da mesma árbore. Constrúen os seus niños xuntos, moitas veces varios nunha rama. As colonias poden encontrarse cerca de corpos de auga.[4]
A especie Quelea quelea ten a fama de ser a ave máis numerosa do mundo.[5][6][7]
Filoxenia
[editar | editar a fonte]Segundo unha análise recente de ADN, Quelea quelea é irmán dun clado que agrupa ás outras dúas especies do xénero Quelea, Q. cardinalis e Q. erythrops. E o xénero pertence ao grupo dos chamados verdadeiros tecedores (subfamilia dos ploceinos), e está máis relacionado con Foudia, un xénero que comprende sete especies que se encontran nas illas do océano Índico occidental. Este clado é irmán das especies asiáticas do xénero Ploceus.
A seguinte árbore filoxenética representa unha visión actual das relacións entre as especies de Quelea e os seus parentes máis achegados.[8]
| |||||||||||||||||||||||||
Galería
[editar | editar a fonte]-
Macho de Q. q. lathamii coa plumaxe nupcial
-
Macho de Q. q. lathamii fóra da época de celo
-
Macho de Quelea erythrops comezando a contruír o seu niño en Suráfrica
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Gill, F. & Donsker, D. (eds.) (2015): Quelea Reichenbach, 1850 na IOC World Bird List. Versión 9.1 (2019), do Congreso Ornitolóxico Internacional.
- ↑ 2,0 2,1 Quelea Reichenbach, 1850 no ITIS.
- ↑ Quelea no Merriam Webster Unabriged Dictionary.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Craig, Adrian 2010, pp. 74–197.
- ↑ Fry & Keith 2004.
- ↑ BirdLife International (2018): Quelea quelea na Lista vermella da UICN. Versión 2019-1. Consultada o 19 de abril de 2019.
- ↑ Craig, Adrian 2010, p. 48.
- ↑ De Silva, Thilina N.; Peterson, A. Townsend; Bates, John M.; Fernandoa, Sumudu W.; Girard, Matthew G. (2017). "Phylogenetic relationships of weaverbirds (Aves: Ploceidae): A first robust phylogeny based on mitochondrial and nuclear markers". Molecular Phylogenetics and Evolution 109: 21–32. PMID 28012957. doi:10.1016/j.ympev.2016.12.013. Consultado o 20 de abril de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Quelea |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Quelea |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Craig, Adrian (2010): "Family Ploceidae (Weavers)". En del Hoyo, J.; Elliott, A. & Christie, D. A. Handbook of the Birds of the World 15. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-368-2.
- del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A., Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Barcelona / Cambridge, UK: Lynx Edicions / BirdLife International. ISBN 978-84-9655-398-9.
- Fry, C. H. & Keith, S. (2004): The birds of Africa. Volume VII. Londres, Reino Unido: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-6531-4.
- Sekercioglu, Cagan Hakki (2006): "Foreword". En: Josep del Hoyo, Andrew Elliott & David Christie (eds.) Handbook of the Birds of the World 11: Old World Flycatchers to Old World Warblers. Barcelona: Lynx Edicions. p. 48. ISBN 978-84-9655-306-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Quelea na ADW.
- Quelea Reichenbach 1850 na EOL.