Quefir
O quefir,[1] búlgaros ou iogur dos paxariños é un produto lácteo fermentado orixinario da rexión do Cáucaso. Tamén reciben este nome os gránulos empregados para a súa elaboración.
Elabórase tradicionalmente a partir de leite de egua (aínda que se comercialice o elaborado a partir doutras especies, como vaca ou cabra). Presenta un sabor característico debido á presenza de alcohol (ó redor do 1%).
O quefir ten un aspecto semellante á coliflor aínda que máis brando. Trátase dunha combinación de bacterias probióticas e lévedos nunha matriz de proteínas, lípidos e azucres. O Lactobacillus acidophilus é a bacteria e Saccharomyces kefir o lévedo (fungo unicelular) máis habituais no quefir, aínda que varían segundo as rexións e culturas.
Existen tres tipos de quefir: o quefir de leite, o quefir de auga e o quefir de té ou Kombucha.
En Galiza produce quefir a cooperativa Santa María de Loureiro de Ourense, Kalekói, SL e Casa Grande de Xanceda.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para quefir.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Quefir |
- lanaturaleza.es
- elkefir.com
- serconet.com Arquivado 23 de xullo de 2011 en Wayback Machine.