Purita Campos
(2010) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de agosto de 1937 Barcelona, España |
Morte | 19 de novembro de 2019 (82 anos) Madrid, España |
Educación | Escola de Llotja |
Actividade | |
Ocupación | pintora, artista de banda deseñada |
Empregador | Editorial Bruguera Creaciones Editoriales (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Purificación Campos Sánchez, nada en Barcelona o 18 de agosto de 1937 e finada en Madrid o 19 de novembro de 2019,[1] foi unha historietista, ilustradora e pintora española, que traballou fundamentalmente para o mercado exterior. Está entre os artistas españois de banda deseñada que máis venderon e con maior éxito.[2][3][4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inicios profesionais
[editar | editar a fonte]De nai modista, Purificación estudou na escola da Llotja de Barcelona antes de dedicarse á ilustración para revistas de moda.
A través de Manuel Vázquez, conseguiu traballo na editorial Bruguera, primeiro como portadista e logo como historietista nas revistas femininas da casa, como Dalia (1959), Sissi (1961), Blanca (1961), Can Can (1961) ou Celia (1963).
O mercado exterior
[editar | editar a fonte]En 1971, comezou a traballar para revistas inglesas a través da axencia Creaciones Editoriales, dando vida aos guións de Philip Douglas na serie Patty’s World. Con esta serie, que durou ata 1988, logrou unha tirada semanal de entre 300 000 e 400 000 exemplares en varios países do mundo.[5] En España, a Editorial Bruguera incluína, co título de Esther y su mundo na revista "Lily" a partir de 1974.[5] O ano 1981, Bruguera editou unha revista co mesmo nome, Esther.[6]
Para o mercado neerlandés, iniciou en 1975 outra serie de éxito, con guións de Andries Brandt: Tina, protagonista da revista homónima.
Co guionista Francisco Ortega, que logo foi o seu marido, creou Gina, protagonizada por unha rapaza adolescente, os seus amigos e os seus primeiros amores, que crece no ambiente dos anos 70 e 80.[7]
Últimos anos
[editar | editar a fonte]Na década dos 80, centrouse na pintura, organizando unha academia de debuxo e unha sala de exposicións.[8]
A partir de 2006, motivada polo éxito das reedicións da personaxe iniciou Las nuevas aventuras de Esther, con guión de Carlos Portela, cun primeiro álbum que vendeu 20 000 exemplares.[9] A protagonista é a mesma Esther dos anos setenta, mais agora xa é unha muller adulta, divorciada e cunha filla.
Premios
[editar | editar a fonte]- 2004: Premios Haxtur á Autora que Amamos no Salón Internacional do Cómic do Principado de Asturias (Xixón)
- En 2009, o goberno español concedeu a Purita Campos a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes, xunto a outras 24 personalidades.[10]
- O 1 de maio de 2011 o concello de Xetafe e o Escoge (1.º Escenario do Cómic de Xetafe) homenaxearon a autora e entregáronlle a placa co seu nome co que se bautizaría unha rúa do municipio.
- 2013: Gran Premio do Salón Internacional do Cómic de Barcelona
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Purita Campos dies, creator of 'Esther and her world' and history of Bruguera – La Provincia". Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2019. Consultado o 21 de novembro de 2019.
- ↑ Roach, David (2017). Masters Of Spanish Comic Book Art. Dynamite Entertainment. pp. 20–. ISBN 978-1-5241-0134-3.
- ↑ "Purita Campos". Lambiek Comiclopedia (en inglés). 21 de febreiro de 2016. Consultado o 15 de decembro de 2017.
- ↑ EFE (06/05/2010). La mujer busca su «habitación propia» en el Salón del Cómic de Barcelona, ABC.
- ↑ 5,0 5,1 Hermosín, Antonio (03/09/2007). Vuelve Esther y su mundo, El Mundo.
- ↑ Guiral (09/2010), páx. 149.
- ↑ "Tebeosfera - Purita Campos". Consultado o 13 de maio de 2014.
- ↑ Bilbao, J. (17/08/2005). Pura Campos: "Antes, las mujeres no admitían leer cómics; hoy sus hijas no saben que existen" Arquivado 04-03-2016 en Wayback Machine., ABC.
- ↑ Sotelino, B. R. (22/6/2008). "La última vez que hice recuento tenía 16.000 cómics", La Voz de Galicia.
- ↑ EFE (26/02/2010). La Duquesa de Alba, Medalla de oro al mérito en las bellas artes, "Público".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Jose Mª FLores. Purita Campos. La dibujante de moda. El Wendigo. Número 97/98 (2003)
- Faustino Rodríguez. Purita Campos. Entrevista. El Wendigo. Número 97/98 (2003)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Osuna, Christian (8 de marzo de 2010). "Autores de cómic (5). Purita Campos". Centro Virtual Cervantes (en castelán).
- Comic creator: Pura Campos ena Comiclopedia de Lambiek (en inglés)
- Entrevista a Purita Campos