Saltar ao contido

Punto (baile galego)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un punto, no baile tradicional galego, é cada unha das distintas figuras e movementos corporais que realizan os bailadores nunha das fases da muiñeira e na xota.[1]

Baile tradicional galego

Descrición

[editar | editar a fonte]

Nestes bailes, chamados soltos, as parellas bailan separadas en dúas fileiras enfrontadas que danzan en espello. Os bailes desenvólvense nunha estrutura de dúas fases, o punto e a volta, engadindo en ocasións un paseo ou descanso entre ambas.[2][3]

Na fase do punto, un dos bailadores, o guía, inicia unha serie de movementos con brazos e pernas cara a un dos lados. Estes movementos, o punto, son repetidos polo guía cara ao lado contrario, agora xa co acompañamento do resto dos bailadores. O punto coincide sempre coa copla, se o acompañamento musical inclúe voz, e coa melodía principal da música cando o baile ten acompañamento só instrumental.[4][5] Repítese até que se produce un cambio na melodía musical, momento no que os bailadores pasan á seguinte etapa do baile, a volta, e o paseo se corresponde, podendo reiniciar novamente a secuencia se a música continúa.

  1. "Punto". Dicionario RAG. Consultado o 25/02/2021. 
  2. Camafeita, Olga (2000). A música popular en Galicia (PDF). Paseo 
  3. Prego, Luis (2020). Paseos ou descansos. Youtube. 
  4. Camafeita, Olga (2000). A música popular en Galicia (PDF). Punto 
  5. Abollado, Pichi (2020). O Baile en Cernadela. youtube (Asociación de Gaiteiros Galegos). p. 1m. 10s. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]