Saltar ao contido

Pugio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soldado armado cun pugio
Reconstrución dun pugio

O pugio era o puñal usado polos soldados das lexións da Antiga Roma. Foi usado aproximadamente entre os anos 100 a.C e o 100 d.C. e tamén foi adoptado por algúns pobos hispanos.

Resultaba unha arma ideal para a loita corpo a corpo, podendo cunha boa acometida perforar unha cota de malla. Isto era debido a que posuía un nervio central que dotaba á folla de maior resistencia e firmeza. A empuñadura era de metal e a folla medía uns 24 cm por 6 de ancho.

O pugio era unha arma auxiliar, ou ben o último recurso e estaba expresamente feita para a acción de cravar.



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.