Saltar ao contido

Proto-Tetis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Proto-Tetis, Prototetis ou océano Teico foi un antigo océano que existiu desde o final do Ediacárico ata o Carbonífero (hai entre 550 e 330 millóns de anos).

Historia do concepto

[editar | editar a fonte]

O nome "Proto-Tetis" foi utilizado inconsistentemente para varios conceptos referidos a un océano predecesor do Paleo-Tetis, un palaeocéano que separaba as marxes de Gondwana, a miúdo denominado peri-Gondwana, de varios continentes e fragmentos continentais que derivaron de Gondwana desde os tempos do Precámbrico en adiante. Segundo von Raumer & Stampfli 2008, despois dos eventos oroxénicos cadomianos de hai 550 millóns de anos (Ma), o océano Proto-Tethys formouse na parte oriental dun dominio oceánico (do cal os océanos de Xápeto e de Tornquist formaban as partes occidentais) que subduciu baixo as marxes septentrionais de Gondwana. Neste modelo o Proto-Tetis separaba os continentes de China do Norte e Báltica de Gondwana.[1] A inicios do Ordovícico, hai 500-480 Ma, o Proto-Tetis subduciu baixo Cadomia como resultado da cunca tras-arco de Chamrousse.[2] Torsvik & Cocks 2009 usaron o nome 'océano de Ran' para un concepto similar, o océano cámbrico-ordovícico que separaba Báltica de Gondwana.[3] [4]

Outros xeólogos discuten a existencia deste océano.[5]

Evolución no Paleozoico

[editar | editar a fonte]

O océano formouse cando se desintegrou Pannotia, formándose Proto-Laurasia (Laurentia, Báltica e a antiga Siberia), que se separou dun supercontinente que acabaría sendo Gondwana. O Proto-Tetis formouse entre estes dous supercontinentes. O océano estaba beireado polo océano Pantalásico ao norte, separado del por arcos de illas e Casaquistania. O Proto-Tetis expandiuse durante o Cámbrico. O océano chegou á sú maior largura contra o final do Ordovícico e metade do Silúrico. Estaba situado entre Siberia ao oeste e Gondwana ao leste. O océano empezou a acurtarse durante o Silúrico tardío, cando os continentes da China do Norte e China do Sur se separaron de Gondwana, dirixíndose cara ao norte. Ao final do Devoniano, o microcontinente de Casaquistania colidiu con Siberia, acurtando o océano aínda máis. O océano pechouse cando o cratón da China do Norte colidiu co continete de Siberia-Casaquistania no Carbonífero, mentres que se expandía o océano Paleo-Tetis.

  1. von Raumer & Stampfli 2008, Introduction, p. 9
  2. von Raumer & Stampfli 2008, Fig. 7a-c
  3. Torsvik & Cocks 2009, p. 5
  4. Berra & Angiolini 2014, Cámbrico (Cámbrico tardío, hai uns 500 Ma), p. 4
  5. Catalán et al. 2004, Fig. 1

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]