Proteínas do grupo de alta mobilidade
- Para outros usos de HMG ver a páxina de homónimos HMG.
As proteínas do grupo de alta mobilidade ou HMG (do inglés high-mobility group) é un grupo de proteínas cromosómicas que interveñen na regulación de procesos dependentes do ADN como a transcrición, replicación do ADN, recombinación xenética, e reparación do ADN.[1]
Foron illadas orixinalmente de células de mamíferos, e denominadas de acordo á súa mobilidade electroforética en xeles de poliacrilamida.[2]
Familias
[editar | editar a fonte]As proteínas HMG subdivídense en 3 superfamilias, cada unha das cales contén un dominio funcional característico:
- HMGA – contén un dominio de gancho AT.
- HMGB – contén un dominio de caixa HMG. Encóntranse en moitos organismos eucariotas.
- HMGN – contén un dominio de unión nucleosómico.
- Proteína da rexión determinante do sexo Y
- Factores de transcrición TCF
- Factor de unión ao amplificador linfoide 1
- Factor de Transcrición de Célula T 1
As proteínas que conteñen calquera destes motivos incrustados na súa secuencia denomínanse proteínas de motivo HMG.
Función
[editar | editar a fonte]As proteínas HMG crese que desempeñan un papel significativo en varios trastornos humanos. As alteracións e rearranxos nos xenes que codifican algunhas das proteínas HMG están asociados con algúns tumores benignos. Os anticorpos contra as proteínas HMG poden encontrarse en pacientes de doenzas autoinmunes. O xene SRY situado no cromosoma Y, responsable da diferenciación sexual masculina, contén un dominio de caixa HMG. Un membroi da familia HMG de proteínas é HMGB1, que se observou que ten tamén unha actividade extracelular como quimiocina, que atrae a neutrófilos e células inflamatorias mononucleares ao fígado infectado.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rajeswari MR, Jain A (2002). "High-mobility-group chromosomal proteins, HMGA1 as potential tumour markers" (PDF). Current Science 82 (7): 838–844.
- ↑ Johns EB (1982). The HMG chromosomal proteins. Boston: Academic Press. ISBN 0-12-386050-4.
- ↑ Sitia G, Iannacone M, Müller S, Bianchi ME, Guidotti LG (January 2007). "Treatment with HMGB1 inhibitors diminishes CTL-induced liver disease in HBV transgenic mice". J. Leukoc. Biol. 81 (1): 100–7. PMID 16938635. doi:10.1189/jlb.0306173.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina da nomenclatura das HMG
- High Mobility Group Proteins Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.