Privilexio
Aparencia
O privilexio era unha norma promulgada por un rei ou pontífice mediante a que se concedía, normalmente como recompensa, o dereito a imprimir durante un determinado número de anos un certo número de edicións sobre un tema, coa prohibición aos demais impresores de imitar ou falsificar as edicións privilexiadas. O privilexio era tanto unha honra como un favor económico ao autor.
Historia
[editar | editar a fonte]A partir do século XVIII o privilexio decae, e desaparece definitivamente no século XIX, dando lugar aos dereitos de autor das editoriais modernas.
Privilexios célebres
[editar | editar a fonte]- O privilexio que o papa Alexandre VI lle concedeu a Aldo Manuzio.
- Os privilexios outorgados por Filipe II a Cristovo Plantino.
- Os privilexios concedidos aos Elzevir.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Checa Cremades, José Luis. El Libro Antiguo. Madrid : Acento, 1999. 93p. ISBN 84-483-0464-0