Saltar ao contido

Presidente de Xeorxia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira do presidente de Xeorxia.

O presidente de Xeorxia (en xeorxiano: საქართველოს პრეზიდენტი) é o xefe de estado e xefe das Forzas de Defensa de Xeorxia. Tamén lidera a administración interna do país e a política exterior do Estado. A Constitución de Xeorxia establece que debe asegurar a unidade e a integridade do país e a actividade das institucións do Estado. Ata antes das emendas á Constitución en febreiro de 2004, asumía tamén a xefatura de Goberno.

A actual presidenta de Xeorxia é Salome Zurabishvili desde decembro de 2018, a primeira muller elixida neste posto na historia do país. É tamén a última persoa en ser elixida de maneira directa. Tras unha reforma constitucional adoptada a finais de 2017, en 2024, cando expire o mandato de Zurabishvili, o cargo será elixido polo Parlamento.

Esta é a lista dos presidentes de Xeorxia, despois da independencia do país.

# Nome
(Nacemento-Morte)
Imaxe Comezo do mandato Final do mandato Partido
1 Zviad Gamsakhurdia
(1939–1993)
14 de abril de 1991
(nomeado)
26 de maio de 1991
(asumiu o poder)
6 de xaneiro de 1992
(deposto)
Mrgvali magida — tavisupali sakartvelo
2 Eduard Shevardnadze
(1928–2014)
26 de novembro de 1995
(asumiu o poder)
30 de abril de 2000 Sakartvelos Mokalaketa Kavshiri - SMK
30 de abril de 2000
(asumiu o poder)
23 de novembro de 2003
(renunciou)
Nino Burjanadze
(n. 1964)
(provisional)
23 de novembro de 2003 25 de xaneiro de 2004 Ertiani Natsionaluri Modzraoba
3 Mikheil Saakashvili
(n. 1967)
25 de xaneiro de 2004
(asumiu o poder)
25 de novembro de 2007
(renunciou)
Nino Burjanadze
(n. 1964)
(provisional)
25 de novembro de 2007 20 de xaneiro de 2008
(3) Mikheil Saakashvili
(n. 1967)
20 de xaneiro de 2008
(asumiu o poder)
17 de novembro de 2013
4 Giorgi Margvelachvili
(n. 1969)
17 de novembro de 2013
(asumiu o poder)
16 de decembro de 2018 Kartuli ocneba – Demok’rat’iuli Sakartvelo
5 Salome Zurabishvili
(n. 1952)
16 de decembro de 2018
(asumiu o poder)
presente independente
  • ¹ – entre o 14 de novembro de 1990 e o 14 de abril de 1991, Gamsakhurdia usou o título "Xefe do Consello Supremo".
  • ² – durante o seu mandato, Shevardnadze usou o título "Xefe do Consello de Estado"

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]