Saltar ao contido

Pozo de Darvaza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pozo de Darvaza.

O pozo de Darvaza[1] ou cráter de Darvaza, (en turcomán: Jähennem derwezesi, Җәхеннем дервезеси) tamén coñecido como porta ao Inferno, é unha antiga prospección de gas que se atopa no deserto de Karakum, preto da pequena aldea de Darvaza, en Turkmenistán. O deserto, que ocupa o 70% do país ou 350.000 km², é moi rico en petróleo e gas natural.[2]

Este cráter de 69 metros de diámetro, 30 metros de profundidade e unha temperatura no seu interior de 400 °C creouse tras un accidente en 1971 durante unhas obras de prospección de gas de xeólogos soviéticos, quen viron como o seu equipo e as súas tendas eran tragados pola terra. En realidade, descubriran unha cova subterránea chea de gas natural. Temendo que o cráter ocasionase o escape de varios gases naturais perigosos, o equipo decidiu prenderlle lume. Porén, estimaron que extinguiría nalgúns días mais leva catro décadas incendiado. Dende entón arde sen parar e brinda un espectáculo impresionante. Houbo intentos errados por apagar o lume.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. GCiencia, ed. (19 de novembro de 2018). "Pozo de Darvaza: a ‘porta do inferno’ que leva ardendo medio século". Consultado o 20 de novembro de 2018. 
  2. "Deserto Karakum". Enciclopedia Británica Online. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]