Porto Santo
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Portugal | |||
Rexión Autónoma | Rexión Autónoma da Madeira | |||
Xeografía | ||||
Situado na entidade territorial estatística | Ilha do Porto Santo (pt) | |||
Parte de | ||||
Superficie | 42,48 km² | |||
Bañado por | Océano Atlántico | |||
Datos históricos | ||||
Día festivo | ||||
Porto Santo é unha illa de Portugal, a 40 km ao nordeste de Madeira. Foi descuberta en 1418 por João Gonçalves Zarco, e ten unha praia de area dourada de case 10 km.
A súa capital é Vila Baleira, onde viviu Cristovo Colón, hoxe en día esa casa é o Museo Cristovo Colón.
A illa presenta unha árida paisaxe lunar de gran beleza, o seu clima mantense seco e estable case todo o ano, polo que é posible bañarse nas súas tépedas augas todo o ano, a illa está salpicada por muíños de vento.
Ademais da súa praia outro punto de interese é o Pico do Castelo, en cuxa cima foi construída unha pequena fortaleza, no século XVII, para facer fronte ás frecuentes invasións dos piratas.
A viaxe entre Madeira e Porto Santo pódese facer en avión desde o aeroporto Internacional de Madeira ao Aeroporto de Porto Santo, tamén en barco desde o porto de Funchal ata Porto Santo.
Sitios turísticos
[editar | editar a fonte]- Pico do Castelo
- Pico do Facho
- Fonte de Area
- Ponta da Calheta
- A Pedeira
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Porto Santo |
A Galipedia ten un portal sobre: Portugal |