Portal:Ópera/Sobre a Ópera/xullo 2013
Aparencia
"Ópera" é unha palabra italiana (unha forma reducida de opera in musica), porén non foi frecuentemente empregada en Italia (ou en calquera outro país) para referirse ao xénero de obras particulares. A meirande parte dos compositores empregaron designacións máis precisas para presentar os seus traballos ao público. De cotío xéneros específicos de ópera foron comisionados por teatros ou mecenas (en cuxo caso a forma do traballo podía desviarse máis ou menos da norma do xénero, dependendo da inclinación do compositor). Os xéneros operísticos non son exclusivos e algunhas óperas clasifícanse en varios á vez, polo que en caso de dúbida a única autoridade acaba sendo o propio compositor.