Portal:Ópera/Selección de aniversarios/xullo
Aparencia
- 1 de xullo de 1995 – Powder Her Face, unha ópera de Thomas Adès e baseada na escandalosa vida de Margaret, Duquesa de Argyll, é estreada no Cheltenham Music Festival.
- 5 de xullo de 1953 - Titta Ruffo, considerado un dos mellores barítonos italianos da súa xeración, morre en Florencia aos 76 anos.
- 6 de xullo de 1845 – A soprano Ángela Peralta, unha figura destacada da vida operística do século XIX en México, nace en Cidade de México.
- 11 de xullo de 1937 - George Gershwin, o compositor de Porgy and Bess, morre nos Ánxeles aos 38 anos.
- 13 de xullo de 1924 – O tenor italiano Carlo Bergonzi, admirado polo seu timbre e o seu fraseo elegante, nace en Vidalenzo, preto de Parma.
- 17 de xullo de 1852 – Salvadore Cammarano, que escribiu o libreto para a ópera de Donizetti Lucia di Lammermoor, morre no seu Nápoles natal aos 51 anos.
- 22 de xullo de 1847 – A ópera de Verdi I masnadieri é estreada no Her Majesty's Theatre de Londres. A representación foi dirixida polo propio Verdi, con Jenny Lind (na imaxe) cantando o papel de Amalia.
- 30 de xullo de 1793 – O Teatro Nacional de São Carlos de Lisboa, o principal teatro de ópera de Portugal, é inaugurado pola Raíña Maria I de Portugal.