Ponte de Cernadela
Ponte de Cernadela | |
---|---|
Localización | |
Coordenadas | 42°14′22″N 8°26′54″O / 42.239444444444, -8.4483333333333 |
Río | Riofrío |
Concello | Mondariz |
Provincia | Pontevedra |
Características | |
Construción | século XV (restauracións no s. XVII e XVIII), orixe S. I |
Lonxitude | 70 m |
Ancho | 4,5 m |
Tipo | Orixe: romana, románico-gótico |
Material | Pedra |
A ponte de Cernadela é unha ponte que cruza o río Tea ao seu paso polo lugar do Ceo en Cernadela, na parroquia de Riofrío no concello pontevedrés de Mondariz. De orixe romana, a ponte actual data do século XV, con sucesivas restauracións.
Historia
[editar | editar a fonte]A primeira ponte constrúese para salvar o río Tea durante o dominio romano da Gallaecia. Testemuño disto é a aparición de restos de cerámica e dunha estela antropomórfica da época no ano 1958, cunha inscrición da Vía XVIII (itinerario de Antonino Pío), que unía dúas das capitais da Gallaecia: Bracara Augusta (hoxe Braga) con Asturica Augusta (hoxe Astorga). A ponte actual é practicamente o deseño do século XV, con importantes restauracións nos séculos XVII e XVIII, polo que xa non se perciben os riscos romanos orixinais. Nos últimos séculos construción serviu ademais de paso cara ás diferentes feiras.
Coma as outras grandes pontes do Tea (dos Remedios, das Partidas e de Fillaboa), a ponte arrodéase de lendas e rituais ancestrais como o bautismo anticipado.
Descrición
[editar | editar a fonte]Ponte en arco de fábrica de cantaría de perpiaño de granito. Conta con cinco arcos de volta perfecta, agás o central (e maior), que é oxival ou apuntado medio punto, a excepción do central, que é oxival. O taboleiro, algo alombado, ten unha lonxitude total de 70 m. Nas dúas pías a carón do arco central apuntado áchanse dous tallamares augas arriba, para cortar a corrente e estabilizar a ponte xa que o caudal do Tea é importante e adoita ter enchentes no inverno. Aínda se conserva a calzada orixinal de laxes e os peitorís de granito.
Contorna
[editar | editar a fonte]Augas arriba existe unha praia fluvial en plena Rede Natura 2000 (do río Tea). Consérvanse tamén restos da antiga calzada que levaba á ponte. Tamén existen á beira da ponte vellas edificacións que servían coma pousadas e fornecedoras das carruaxes que transitaban pola ruta. Preto da ponte áchase tamén un gran muíño de auga con tres infernos (Muíño do Cubo).
Conservación
[editar | editar a fonte]O estado de conservación da ponte é moi bo. O concello de Mondariz dirixiuse en 2012 á Xunta de Galicia para iniciar os trámites legais para incluír a ponte na categoría de Bens de Interese Cultural xunto cos gravados rupestres de Gargamala, un dos máis espectaculares de Galicia e o máis importante de toda a comarca do Condado[1].
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ponte de Cernadela na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- Ficha en Galicia Máxica.