Pokémon Crystal
Pokémon Crystal | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Game Freak |
Distribuidora(s) | Nintendo, The Pokémon Company |
Director(es) | Satoshi Tajiri, Junichi Masuda |
Produtor(es) | The Pokémon Company |
Artista(s) | Ken Sugimori |
Compositor(es) | Junichi Masuda, Morikazu Aoki |
Lanzamento | 14 de decembro de 2000 |
Xénero | Aventura, RPG |
Modos de xogo | Un xogador Multixogador |
Clasificación | PEGI |
Plataforma(s) | Game Boy Color |
Serie | Pokémon |
Na rede | |
https://www.pokemon.com/us/pokemon-video-games/pokemon-crystal-version/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pokémon Crystal Version (ポ ケ ッ ト モ ン ス タ ー ク リ ス タ ル バ ー ジ ョ ン Poketto Monsutā Kurisutaru Bajon?, "Pocket Monsters: Versión Cristal") é a terceira entrega da serie de videoxogos de Pokémon, de xénero RPG, desenvolvidos pola compañía xaponesa Game Freak e publicados por Nintendo para a súa consola portátil Game Boy Color. O xogo é unha versión actualizada das dúas versións anteriores, Pokémon Gold e Silver, e foi lanzado no Xapón o 14 de decembro de 2000. Foi lanzado nos Estados Unidos o 29 de xullo de 2001 e en Europa o 2 de novembro dese mesmo ano.[1][2] A diferenza dos seus predecesores, foi desenvolvido especialmente para a Game Boy Color e, polo tanto, non é compatible coa Game Boy orixinal, as súas variantes, e Super Game Boy.
A trama e xogabilidade de Pokémon Crystal é en gran parte a mesma que en Gold e Silver, aínda que ten novas características. É o primeiro xogo no que se pode escoller o sexo do seu personaxe, mentres que anteriormente o personaxe era sempre do sexo masculino. Os sprites dos Pokémon foron animados; por exemplo, cando un Cyndaquil entra na batalla, o lume e o seu escintileo móvense. Este recurso estaba ausente en Pokémon Ruby e Sapphire e Pokémon FireRed e LeafGreen, pero apareceu en todos os xogos seguintes. Ademais, un par de subtramas foron engadidas, unha envolvendo o Pokémon lendario Suicune, destacado na portada do xogo,[3] e a outra que inclúen a Unown. A maior adición do xogo foi a Battle Tower, un edificio novo que permite aos xogadores participar en Pokémon Stadium. A edición xaponesa do xogo foi lanzada exclusivamente xunto co Adaptador móbil GB (モ バ イ ル ア ダ プ タ GB Mobairu Adaputa Ji Bi?), un dispositivo que permite conectarse con outros xogadores a través do teléfono móbil.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pokemon Crystal Info". GameFAQs. Consultado o 2008-07-05.
- ↑ Harris, Craig (2001-07-30). "Pokemon Crystal Version Review". IGN. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2012. Consultado o 2008-07-05.
- ↑ Povo, Frank (2001-07-30). "Pokemon Crystal for Game Boy Color Review". GameSpot. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2012. Consultado o 2008-07-05.
- ↑ Nix, Marc (2000-12-11). "Pokemon Crystal Version Preview". IGN. Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2011. Consultado o 2008-07-06.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Xapón |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (USA)
- Páxina oficial (en xaponés)