Poecilopsetta
Aparencia
Poecilopsetta | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Poecilopsetta beanii | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||||
|
Poecilopsetta é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pecilopsetinos.[1]
O xénero comprende varias especies de pequenos peixes planos propios das augas profundas da rexión Indo-Pacífica, agás dúas (P. beanii e P. inermis), que viven no Atlántico occidental.[2]
Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, as especies deste xénero teñen o corpo aplanado, asimétrico, e cos dous ollos situados no lado pigmentado do corpo.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1880 polo zoólogo, ictiólogo e herpetólogo británico nado en Alemaña Albert Günther.[1]
Especies
[editar | editar a fonte]Na actualidade recoñécense no xénero as seguintes 15 especies:[1][2]
Xénero Poecilopsetta
- Poecilopsetta albomaculata Norman, 1939
- Poecilopsetta beanii (Goode, 1881)
- Poecilopsetta colorata Günther, 1880
- Poecilopsetta dorsialta Guibord & Chapleau, 2001
- Poecilopsetta hawaiiensis C. H. Gilbert, 1905
- Poecilopsetta inermis (Breder, 1927)
- Poecilopsetta macrocephala Hoshino, Amaoka & Last, 2001
- Poecilopsetta multiradiata Kawai, Amaoka & Séret, 2010
- Poecilopsetta natalensis Norman, 1931
- Poecilopsetta normani Foroshchuk & Fedorov, 1992
- Poecilopsetta pectoralis Kawai & Amaoka, 2006
- Poecilopsetta plinthus (D. S. Jordan & Starks, 1904)
- Poecilopsetta praelonga Alcock, 1894
- Poecilopsetta vaynei Quéro, Hensley & Maugé, 1988
- Poecilopsetta zanzibarensis Norman, 1939
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
- Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5.
- Heemstra, P. C. (1986): "Pleuronectidae". En M. M. Smith e P. C. Heemstra, eds. Smith's sea fishes. Berlín–Heidelberg–Nova York: Springer Verlag. ISBN 3-540-16851-6.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Poecilopsetta n EOL.