Pobo u'wa
Aparencia
Pobo u'wa | |
---|---|
Berito Kuwaru'wa, líder u'wa. | |
Poboación | |
Poboación total: 10 649 (censo de 2018)[1] | |
Rexións principais: | |
Colombia | Arauca, Boyacá, Casanare, Santander e Norte de Santander |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua u'wa Castelán |
Relixión | Animismo |
Grupos relacionados | Muisca Lache Guane Guahibo |
Os u'wa son un pobo indíxena que vive nos bosques húmidos do nordeste de Colombia. Historicamente, os u'wa chegaron a contar con 20 000 persoas, espallados nun territorio que se estendía a través da fronteira de Colombia con Venezuela. No presente, os u'wa son arredor de 10 000 persoas.
Os u'wa son coñecidos polos pobos indíxenas veciños como o "pobo que pensa" ou "o pobo que fala ben".[2] Eran anteriormente chamados tunebo, mais hoxe prefiren ser coñecidos como u'wa, que quere dicir "persoas".
Territorio
[editar | editar a fonte]Os u'wa viven no nordeste de Colombia, nos departamentos de Arauca, Boyacá, Casanare, Santander e Norte de Santander. Historicamente, tamén vivían no que hoxe é Venezuela.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ DANE (ed.). "Población indígena de Colombia. Resultados del Censo Nacional de Población y Vivienda 2018" (PDF) (en castelán). Consultado o 16 de abril de 2021.
- ↑ UNESCO Centre of Catalonia, U'wa Dossier