Pobo pasto
Pobo pasto | |
---|---|
Casa tradicional da etnia pasto, en Chiles (Nariño). | |
Poboación | |
Poboación total: c 165 000 | |
Rexións principais: | |
Colombia | 163 873 (2018)[1] |
Ecuador | 1 409 (2010) |
Aspectos culturais | |
Lingua | Castelán e pasto (extinta) |
Relixión | Cristianismo |
Grupos relacionados | Awá e quillacinga |
Os pastos son un pobo indíxena de Colombia que habita xunto co pobo quillacinga na franxa andina do que actualmente é o departamento de Nariño, no sur de Colombia, e a provincia de Carchi, no norte de Ecuador.[2]
Características
[editar | editar a fonte]O nome pasto podería ser unha adaptación ó castelán de past awá ou ‘xente escorpión’.[3] Os pastos estiveron baixo dominación do Imperio incaico, pouco antes da chegada dos españois.[2] Na última década do século XV, os pastos enfrontáronse ó inca Huayna Cápac, quen dende Quito decidiu lanzar unha campaña para conquistar o territorio pasto. É posible que past awá, que significa ‘xente escorpión’, sexa unha imaxe xurdida para referirse a que Huayna Cápac quíxolles pisar a cabeza e picárono coa cola", pois ó ocupar o imperio a zona do actual Ipiales, os pastos refuxiáronse na cordilleira occidental e lograron expulsar ós ocupantes. Os incas preferiron entón avanzar polo piedemonte amazónico a través do territorio dos cofán,[4] pero finalmente foron os españois os que controlaron a rexión e foi o pobo awá quen logrou preservarse da dominación nas selvas da vertente do Pacífico colombiano, mentres que os pastos finalmente deixaron de falar a súa lingua.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ DANE (ed.). "Población indígena de Colombia. Resultados del Censo Nacional de Población y Vivienda 2018" (PDF) (en castelán). Consultado o 16 de abril de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 Harold Santacruz Moncayo. "Origen de los pueblos Pastos". Consultado o 2009.
- ↑ Gente escorpión
- ↑ Ortiguera, Toribio de 1586 Jornada del Río Marañón. Madrid: Atlas, 1968