PlayStation Move
PlayStation Move é un sistema de control de videoxogos creado por Sony para a plataforma PlayStation 3 que funciona por sensores de movemento, cunha bola nun extremo que se ilumina e mediante a cámara PlayStation Eye que recolle os movementos do mando.
O sistema foi presentado na conferencia de Sony no E3 o 2 de xuño de 2009. Nela mostrouse un prototipo funcionando con varias demos técnicas. Nun principio fixouse como data de lanzamento a primavera de 2010, pero finalmente lanzouse ó mercado o 15 de setembro de 2010.
Accesorios
[editar | editar a fonte]Motion controller
[editar | editar a fonte]É o mando principal de PlayStation Move. Ten forma alongada e unha esfera que se ilumina en diferentes cores, evitando ter a cor da habitación na que se xoga. A cámara Playstation Eye detecta a súa posición no espazo con precisión 1:1.
Navigation controller
[editar | editar a fonte]É un mando que complementa o Motion controller nalgúns videoxogos. É igual ó Nunchuk da Wii. Ten as función principais do lado esquerdo dos mandos inalámbricos de PlayStation, de feito o navigation controller pode ser substituído por un mando Dualshock 3.
Videoxogos
[editar | editar a fonte]Videoxogos que requiren PlayStation Move ou posúen funcionalidades compatibles:
Título | Lanzamento |
---|---|
Sports Champions | 17/9/2010 |
The Shoot | 1/10/2010 |
Little Big Planet 2 | 16/11/2010 |
Killzone 3 | 3/2/2011 |
Sorcery | 11/4/2011 |
Kung Fu Rider | 17/9/2010 |
Heroes on the Move | 10/5/2011 |
Socom 4: U.S. Navy Seals | 20/4/2011 |
The Fight: Lights out | 4/10/2010 |
NBA 2K11 | 8/10/2010 |