Platecarpus
Platecarpus Rango fósil: Cretáceo Superior | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Esqueleto de Platecarpus coryphaeus no Museo Real de Ontario. | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||
''Platecarpus tympaniticus'' Cope, 1869 | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Platecarpus ("Pulso chan") é un xénero extinto de lagartos acuáticos pertencentes á familia dos mosasauros, que viviu hai 84–81 millóns de anos, dende mediados do Santoniano até comezos do Campaniano, no período Cretáceo superior. Atopáronse fósiles nos Estados Unidos e un posible espécime en Bélxica e África.[1] Un espécime ben conservado de Platecarpus permitiu coñecer que se alimentaba de peixes de tamaño medio,[2] e teorizouse sobre se tamén se alimentaba de téutidos e amonitas.[1] Ó igual que outros mosasauros, críase que nadaba ó estilo das anguias, malia que hai estudos que suxiren que o seu estilo de natación podería terse asemellado máis ó dos tiburóns. Un espécime excepcionalmente ben preservado de P. tympaniticus coñecido como LACM 128319 amosa impresións da pel, os pigmentos nas fosas nasais, os tubos bronquiais e a presenza dunha extremo na cola, o que demostra que el e outros mosasauros non tiñan necesariamente un método de natación similar a anguías, senón que eran máis poderosos e rápidos nadadores. Este exemplar atópase no Museo de Historia Natural do Condado dos Ánxeles.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Palmer, D., ed. (1999). The Marshall Illustrated Encyclopedia of Dinosaurs and Prehistoric Animals. Londres: Marshall Editions. p. 87. ISBN 1-84028-152-9.
- ↑ 2,0 2,1 Lindgren, J.; Caldwell, M.W.; Konishi, T.; Chiappe, L.M. (2010). Farke, Andrew Allen, ed. "Convergent Evolution in Aquatic Tetrapods: Insights from an Exceptional Fossil Mosasaur". PLoS ONE 5 (8): e11998. PMC 2918493. PMID 20711249. doi:10.1371/journal.pone.0011998.