Saltar ao contido

Planos de representación do son

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eixos cartesianos

Os planos de representación do son son representacións gráficas, normalmente en dúas dimensións, moi usadas para a análise e estudo dos fenómenos sonoros, ben se trate de sons ou do seu transporte mediante algunha canle.[1] Utilízanse representacións sobre dous eixos chamados habitualmente "x" o horizontal e "y" o vertical (Coordenadas cartesianas), onde se miden os valores a representar. En función de que aspectos do son se analícen, asígnanse distintas magnitudes aos eixos x e y. De cada par deles xorden os chamados planos dinámico, harmónico e melódico de son.[2]

Magnitudes

[editar | editar a fonte]

Considérase a amplitude alcanzada, o tempo investido, e as frecuencias abarcadas por un conxunto de sons.

Amplitude

[editar | editar a fonte]

Normalmente represéntase en forma de decibeles de presión sonora (dBspl), ou decibeles de electricidade (dBu,dBV,dBFDS,dBW), unidades de medida adimensionais que serven para comparar un valor de presión sonora con outro de referencia, e están baseadas no logaritmo. Desa forma, en niveis baixos os pequenos cambios son significativos, mentres que en niveis altos só os grandes cambios son apreciados. O motivo de usar ese sistema é que esa é a forma en que percibe o ouvido humano, debido ao funcionamento do órgano de Corti. No canto da amplitude, e no mesmo eixo que se usaría para esta, pódense representar a intensidade ou a potencia do son, xa que as dúas son proporcionais á amplitude.

Considérase o tempo empregado polos sucesos sonoros analizados. Normalmente en segundos, aínda que tamén nas súas fraccións e en minutos, horas... Nalgúns ámbitos úsanse tamén outras formas de medir o paso do tempo, como fotogramas en vídeo, ou compases en música.

Frecuencias

[editar | editar a fonte]

Adóitase representar o rango de frecuencias convencionalmente estipuladas como audibles polo ouvido humano (20 Hz. a 20 kHz.). Poden ser representadas de forma logarítmica ou lineal. Así mesmo poden ser representadas en banda, é dicir de xeito continuo, ou de xeito discreto, por exemplo en oitavas (rango que inclúe o dobre de frecuencias que o anterior e a metade que o seguinte) ou os seus múltilplos.

Planos de son

[editar | editar a fonte]

Plano dinámico

[editar | editar a fonte]
Exemplo de representación no plano dinámico

As representacións deste plano do son chámanse tamén oscilogramas.

Se se representa a amplitude no eixo "y", e o tempo no eixo "x" obtense o plano dinámico de son.

Esta representación non achega información sobre as frecuencias que compoñen os sons analizados.

En cada recta vertical correspondente a un punto do eixo "x" (tempo) pódese dicir que están todas as frecuencias xuntas para ese instante.

Plano harmónico

[editar | editar a fonte]
Exemplo de plano harmónico

Tamén referido como plano espectral.

O plano harmónico úsase cando se necesita un gráfico que represente o contido espectral (contido de distintas frecuencias) dos sons. No eixo horizontal represéntanse as frecuencias e no vertical as amplitudes. Neste caso o gráfico non representa o son ao longo dun tempo, senón nun momento puntual.

Plano melódico

[editar | editar a fonte]
Plano melódico de son

Se se representan as frecuencias no eixo "y" e o tempo no eixo "x", é dicir, representando o plano ortogonal aos planos dinámico e harmónico, obtense o plano melódico de son.

Sonograma

[editar | editar a fonte]
Sonograma
Sonograma axonométrico

Se se utilízan as tres magnitudes antes descritas, é dicir tempo, frecuencia e amplitude/intensidade nun mesmo gráfico, obtense un sonograma, tamén chamado espectrograma.[3] Para conseguir representar tres magnitudes á vez utilízanse ou ben cores, ou ben unha axonometría.

  1. Sonido y grabación: introducción a las técnicas sonoras. ISBN 8488788576. 
  2. "El Sonagrama: Una Representación Práctica de los Sonidos" (18). ISSN 1562-3823. 
  3. "¿Qué es sonograma?".