Saltar ao contido

Pirámide de Cestio

Modelo:Xeografía físicaPirámide de Cestio
(it) Piramide Cestia Editar o valor en Wikidata
Imaxe do interior
Imaxe
Tipoxacemento arqueolóxico Editar o valor en Wikidata
EpónimoGaius Cestius Epulo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaRoma Capitale, Italia Editar o valor en Wikidata
Localizaciónvia del Campo Boario, s.n.c. - Roma Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRoma Editar o valor en Wikidata
Mapa
 41°52′35″N 12°28′51″L / 41.876388888889, 12.480833333333
Características
Dimensións36,4 (altura) m
Superficieexposición: 1.080 m² Editar o valor en Wikidata
Ben cultural de Italia
Historia
Data de creación ou fundación12 a. C. Editar o valor en Wikidata
Actividade
Visitantes anuais613 (2020) Editar o valor en Wikidata

A Pirámide de Cestio (en italiano : Piramide di Caio Cestio ou Piramide Cestia) é un monumento funerario da Antigüidade, situado preto da porta de San Paulo en Roma. Leva o nome de quen se fixo inhumar nela: Caïus Cestius.

A pirámide de Cestio foi incluída na muralla de Aureliano; pode verse na foto a porta de San Paulo de Roma á dereita
Gravado da pirámide de Cestio por Giovanni Battista Piranesi.

Na Idade Media, esta pirámide pasaba por ser a tumba de Remo, irmán de Rómulo, o fundador mítico da cidade de Roma.

Foi construída en realidade no ano 12 a.C.. Mide 36,4 metros de alto, cunha base de 29,5 metros de longo. No interior desta montaña de pedra hai unha única cámara sepulcral, de 5,95 x 4,10 e con 4,80 metros de altura, que represnta algo máis do 1% do volume completo do monumento.

O estilo exipcio da pirámide marca directamente a influencia da presenza recente (30 a.C.) do poder imperial romano sobre as terras dos faraóns. A cámara sepulcral conserva aínda trazas de pintura.

No século III, a pirámide de Cestio foi incluída na muralla de Aureliano.

Inscricións

[editar | editar a fonte]

Atópanse sobre a entrada da cámara sepulcral dúas inscricións :

  • C. Cestius L.F. Pob. Epulo pr. tr.pl. VII vir epulonum
  • Opus apsolutum ex testamento diebus CCCXXX arbitratu L. Ponti P.F. Cla. Melae heredis et Pothi L.

O que significa :

  • Caius Cestius Epulo, fillo de Lucius, da tribo Publilia, pretor, tribuno do pobo, e membro do colexio dos septemviri epulones (foi encargado de vixilar os grandes festíns sagrados).
  • menciona que o monumento foi erguido en 330 días so a supervisión de L. Pontius Méla, fillo de Publius, e do liberto Pothus.

Ligazóns internas

[editar | editar a fonte]
  • Nouveau Larousse Illustré; Dictionnaire Universel encyclopédique, publicado baixo a dirección de Claude Augé, 2º tomo (de Belloc a Ch), 1900.