Pioneer 7
Pioneer 7 / Pioneer B | |
---|---|
Pioneer 7 | |
Tipo | Científico |
Fabricante | TRW |
Organización | NASA |
Destino actual | En órbita heliocéntrica.[1] |
Data de lanzamento | 17 de agosto de 1966, 15:20 GMT[1][2][2][3][4] |
Foguete portador | Delta E1[2][5] |
Sitio de lanzamento | Base espacial de Cabo Cañaveral, rampla LC-17A[2][6] |
Obxectivo da misión | Estudo do espazo interplanetario coordinadamente con outras sondas espaciais.[2][6] |
NSSDC ID | 1966-075A |
Masa | 138,0 kg[5] |
Pioneer 7, tamén coñecida como Pioneer B, foi unha sonda espacial lanzada o 17 de agosto de 1966 mediante un foguete Delta E1 desde a base espacial de Cabo Cañaveral para estudar o espazo interplanetario.[2][3][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]Pioneer 7 adicouse a estudar o espazo interplanetario xunto coas súas naves xemelas Pioneer 6, Pioneer 8 e Pioneer 9. Unha quinta nave, Pioneer E, non chegou á órbita por problemas co foguete lanzador. O obxectivo era estudar os mesmos fenómenos desde distintos puntos do espazo, entre eles estudar os ións positivos e os electróns do vento solar, a densidade interplanetaria de electróns, os raios cósmicos galácticos e solares e o campo magnético interplanetario. As naves considéranse a primeira rede espacial de estudo do tempo espacial, proporcionando datos prácticos sobre o impacto das tormentas solares nas redes de comunicacións e enerxía da Terra.[2][5][6]
Nave
[editar | editar a fonte]Pioneer 7 tiña forma de cilindro do que saían os diversos instrumentos e estabilizábase mediante xiro a unhas 60 r.p.m., co eixo de xiro perpendicular ao plano da eclíptica e apuntando cara ao polo sur. A nave podía configurarse mediante comandos para enviar datos a unha entre cinco velocidades distintas (512, 256, 64, 16 e 8 bps) nun formato entre catro diferentes posibles e funcionando a entre un de catro modos dispoñibles (tempo real, almacenamento de telemetría, almacenamento de recolección de datos e lectura de memoria). No modo de tempo real a nave enviaba datos á Terra segundo ía facendo as medicións científicas, no modo de almacenamento de telemetría a nave enviaba os datos ao tempo que os recolectaba pero ao mesmo tempo os gardaba na memoria de a bordo, no modo almacenamento de recolección de datos gardábanse datos científicos a intervalos de tempo de entre 2 e 17 minutos a elección dos controladores en terra para cubrir períodos de ata 19 horas pola limitación de a memoria de a bordo e no modo de lectura de memoria líanse e enviábanse datos á Terra. A enerxía da nave era producida polas células solares que recubrían as paredes do corpo da nave, producindo ata 79 vatios de potencia.[2][5][6]
O último contacto que se fixo coa nave tivo lugar en marzo de 1995, sen que haxa plans para contactar posteriormente.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "PIONEER 7" (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (12 de febreiro de 2016). "Pioneer 7" (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 "Letter dated 14 October 1966 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (66-28897). 14 de novembro de 1966: 2. Consultado o 18 de abril de 2016.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Pioneer 7" (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2016.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Pioneer 6, 7, 8, 9, E" (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2016.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "Pioneer 6-7-8-9-E" (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pioneer 7 |