Saltar ao contido

Pio Taofinuʻu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPio Taofinuʻu
Biografía
Nacemento8 de decembro de 1923 Editar o valor en Wikidata
Falealupo, Samoa (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte19 de xaneiro de 2006 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Apia, Samoa Editar o valor en Wikidata
Arcebispo católico
10 de setembro de 1982 – 16 de novembro de 2002
← George Hamilton PearceAlapati Lui Mataeliga ⊟
Cardeal
5 de marzo de 1973 –
Bispo diocesano
11 de xaneiro de 1968 –
← George Hamilton Pearce
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1968–), sacerdote católico (1954–) Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaSociedade de María Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónGeorge Hamilton Pearce Editar o valor en Wikidata
Participou en
14 de outubro de 1978conclave de outubro de 1978
26 de agosto de 1978conclave de agosto de 1978 Editar o valor en Wikidata

Find a Grave: 28117041 Editar o valor en Wikidata

Pio Taofinuʻu, nado en Falealupo (Samoa) o 8 de decembro de 1923 e finado en Apia o 19 de xaneiro de 2006, foi un eclesiástico samoano, cardeal e arcebispo latino.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pio Taofinuʻu naceu o 8 de decembro de 1923 en Falealupo, en Samoa Occidental.[1] Estudou no seminario menor de Moatioa (Moamoa)[1] e posteriormente no da Illa de Wallis. Concluíu os seus estudos de Filosofía e Teoloxía cos maristas en Nova Zelandia.

Foi ordenado sacerdote o 8 de decembro de 1954 polo vigairo apostólico das Navegadores Jean Baptiste Dieter,[2] e posteriormente ingresou na Sociedade de María, facendo o noviciado en Nova York.[1] Á súa volta a Samoa foi nomeado vigairo do bispo George Hamilton Pearce, entón vigairo apostólico de Samoa e Tokelau. O 11 de xaneiro de 1968 foi elixido bispo de Apia,[1] e foi consagrado bispo o 29 de maio de 1968[2] polo seu predecesor Pearce, entón arcebispo de Suva, e tivo como co-consagrantes a Brian Patrick Ashby, bispo de Christchurch, e a John Hubert Macey Rodgers, bispo de Tonga.

Realizou unha prolífica labor en prol da educación durante o seu episcopado, creando varias escolas secundarias e de formación profesional. Reorganizou o seminario da arquidiocese e fundou un instituto de Teoloxía.[1] Involucrouse tamén no traballo social, no servizo a pobres e anciáns, e creou unha industria de fabricación de queixos para a poboación da súa diocese.[3] Tivo tamén unha grande influencia sobre o desenvolvemento e inculturización da cultura samoana na liturxia romana;[1] na liturxia católica samoana, por exemplo, logo da consagración se lle da a benvida a Cristo con flores, como é tradición na cultura samoana.[4]

O papa Paulo VI creouno cardeal no consistorio do 5 de marzo de 1973,[2] co título de Cardeal-Presbítero de Sant'Onofrio.

En 1982 fíxose unha reorganizacións das dioceses de Oceanía, e pasou a ser arcebispo metropolitano de Samoa-Apia.[2]

Retirouse o 16 de novembro de 2002, e finou o 19 de xaneiro de 2006, aos 82 anos de idade.

  • Pese o sauniga. 1976. 
  • Tusi mo aiga tapuaʻi faatasi: Christian family prayer book (Samoan-English). 1980. 
  • O le ʻava o se pelofetaga. 1995. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
George Hamilton Pearce
 Arcebispo de Samoa-Apia 
1968 - 2002
Sucesor:
Alapati Lui Mataeliga
Predecesor:
(creación da misión)
 Superior de Funafuti 
1982 - 1985
Sucesor:
John Hubert Macey Rodgers
Predecesor:
José Garibi Ribera
 Cardeal-Presbítero de Sant'Onofrio 
1973 - 2006
Sucesor:
Carlo Furno
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Farhadian, Charles E. (edición) (2007). Wm. B. Eerdmans Publishing, ed. Christian Worship Worldwide: Expanding Horizons, Deepening Practices (en inglés). p. 162. ISBN 9780802828538. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Breve autobiografía de Pio Taofinuʻu: Frederic Koehler Sutter (1989). University of Hawaii Press, ed. The Samoans: A Global Family (en inglés). p. 159. ISBN 9780824812386. 
  3. Servizo de Prensa da Santa Sé (ed.). "College of Cardinals Biographical notes - TAOFINU'U Card. Pio, S.M.". Consultado o 19 de setembro de 2014. With the intent to promote economic independence for those living in the diocese, he set aside 3,000 acres of the dioceses’ property for the construction of a large cheese factory. 
  4. Catholic News Agency (ed.). "Samoan priest employs culture to bolster faith of islanders living in Alaska". Consultado o 19 de setembro de 2014. After the consecration, we believe that Jesus himself is present through the bread and the wine,” explained Father Schmidt. That is why just after the consecration, at the Proclamation of Faith, a large, colorful, flower lei is placed at the altar. The lei, Father Schmidt said, points to “the one who signifies the unity of all of us — Christ himself. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]