Saltar ao contido

Pintarroxo carmín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pintarroxo carmín

Macho en Polonia
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Fringillidae
Xénero: Carpodacus
Especie: C. erythrinus
Nome binomial
'Carpodacus erythrinus'
(Pallas, 1770)
Mapa de distribución
Mapa de distribución

Mapa de distribución
Sinonimia

Erythrina erythrina

Carpodacus erythrinus.

O pintarroxo carmín[2] (Carpodacus erythrinus) é unha ave típica do extremo norte europeo e visitante esporádico no sur de Europa.

Morfoloxía e hábitos

[editar | editar a fonte]

Especie coa cabeza, peito e rabadilla vermello carmín. Bandullo ocre con tonalidades brancas. As femias son pardas e carecen do vermello característico dos machos. Alcanza os 14–15 cm de lonxitude e os 21 gramos de peso. O peteiro é pequeno mais robusto e forte.

De carácter discreto e silandeiro. Complicada de detectar. Habita en bosques húmidos, alimentándose de gromos, sementes e insectos.

Reprodución

[editar | editar a fonte]
Carpodacus erythrinus
Carpodacus erythrinus

A cría realízase nos meses de xuño e xullo. O niño acostuma estar en matogueiras e adoita conter entre 4 e 6 ovos. O tempo de incubación é de 13-14 días e o de permanencia no niño entre 14 e 17 días.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Distribúese polo noroeste de Rusia, Polonia, sueste de Escandinavia e Cáucaso. Hai algunhas poboacións illadas nas zonas montañosas de Suíza e Austria. Hiberna na India. Varias citas ibéricas no sector mediterráneo e Andalucía.

  1. BirdLife International (2012). "Carpodacus erythrinus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • "100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas". C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís, Atocha Ramos Martínez. Editado polo Concello do Grove. Depósito Legal:C 2423-2009
  • Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a. (en castelán)