Saltar ao contido

Pintada da Guinea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pintada da Guinea


Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Galliformes
Familia: Numididae
Xénero: Numida
Linnaeus, 1766
Especie: N. meleagris
Linnaeus, 1758

Subespecies
Véxase o texto

A pintada da Guinea,[2] tamén chamada galiña de Guinea[3] ou galiña pintada,[3] (Numida meleagris) é unha especie de ave galiforme da familia dos numídidos.[4] É a máis estendida das pintadas; orixinaria de África, foi introducida nas Antillas Menores e no sur de Francia.

Descrición

[editar | editar a fonte]
Cabeza de galiña de Guinea.

De até 50 cm de lonxitude, con peteiro medianamente longo, forte e robusto que presenta na súa base unha especie de 'cera' sobre a que se abren as fosas nasais. Cabeza, espida de plumas e que presenta unha coloración branca ou azulada dominante con carúnculas ou excrescencias carnosas de viva cor morada e unha típica protuberancia córnea no alto da cabeza. A plumaxe é gris e negra, con pequenas pintas brancas. Os machos e femias son aparentemente iguais e non poden distinguirse facilmente se non é polo seu comportamento, é dicir, non presenta dimorfismo sexual. Vive de seis a oito anos.

  1. BirdLife International. "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07. 
  3. 3,0 3,1 VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración. Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  4. Bernis, F; De Juana, E; Del Hoyo, J; Fernández-Cruz, M; Ferrer, X; Sáez-Royuela, R; Sargatal, J (1994).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Madge e McGowan, Pheasants, Partridges and Grouse 0-7136-3966-0