Pincel
Pincel (do catalán pincell) refírese a varios instrumentos manuais de diferentes tamaños equipados con filamentos ríxidos unidos ao extremo dun mango, como pelos, sedas ou fíos, de uso habitual para limpar, pintar, maquillar e pulir.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]As pinturas rupestres atopadas na Cova de Altamira en Cantabria e no Périgord, en Francia, indican o uso de pinceis na aplicación de pigmentos na prehistoria, desde o Paleolítico.[2]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo "pincel" vén do catalán pincell, a través do arcaico pinzel.[3] Pola súa vez, pinzel deriva po latín penniculus, referido ao rabo de animais do que se obtiñan pelos para pintar.[4]
Tipos
[editar | editar a fonte]Pinceis hixiénicos
[editar | editar a fonte]Pinceis ou cepillos feitos con pelos ríxidos, utilizados principalmente para o tratamento do cabelo duro, tanto do cepillado humano como do animal. Os cepillos utilízanse máis para o pelo longo e duro, mentres que para o pelo curto se usan máis os peites.
Os pinceis de barbear, case en desuso, empréganse para aplicar espuma de afeitar.
Pinceis de limpeza
[editar | editar a fonte]Os pinceis ou cepillos utilizados para a limpeza son de varias formas e tamaños, desde o pequeno cepillo para limpar instrumentos delicados até a versión grande para o fogar, a vasoira.
Na industria alimentaria pódense atopar diversos pinceis e cepillos de limpeza, como os destinados a limpar verduras, lavar vasos e botellas e moitos outros usos específicos.
Pinceis de pintura
[editar | editar a fonte]Os pinceis úsanse para aplicar pinturas ou tintas. Adoitan producirse fixando os pelos ao mango mediante unha correa metálica, a virola.[5] En informática, o termo pincel (paint brush) fai referencia ao seu equivalente dixital, usado en calquera software de deseño gráfico, é dicir, un pincel virtual que pode modificar unha imaxe dixital.[6]
Os pinceis teñen dúas formas básicas:
- Redondo: as sedas longas deste tipo de pinceis, dispostas de forma compacta, permiten reter máis pintura ou tinta que outros pinceis do mesmo tamaño pero cunha forma diferente. Polo tanto, moitos artistas prefírenos cando colorean grandes áreas.
- Chato: espallan mellor a pintura.
Coidado dos pinceis
[editar | editar a fonte]- Os pinceis deben limparse inmediatamente despois do seu uso. Isto aplícase especialmente no caso de pintura ao óleo e pintura acrílica, xa que eliminar os residuos de pintura seca pode danar os pinceis.
- Nunca se deben deixar pinceis coas sedas mergulladas cara a abaixo en recipientes con auga, trementina ou calquera outro disolvente. Se é necesario limpalos, ha facerse coa man ou cun pano humedecido co disolvente axeitado; se non, os pelos poden deformarse. Gárdanse por separado, verticalmente, coas sedas cara a arriba.
Tamaño e materiais
[editar | editar a fonte]Pinceis de decoradores
[editar | editar a fonte]O tamaño dos pinceis utilizados polos pintores e decoradores de interiores dáse en milímetros (mm) ou polgadas (in), facendo referencia ao tamaño do pelo.
Os tamaños comúns son:
- ⅛ in, ¼ in, ⅜ in, ½ in, ⅝ in, ¾ in, ⅞ in, 1 in, 1¼ in, 1½ in, 2 in, 2½ in, 3 in, 3½ in, 4 in.
- 10mm, 20mm, 30mm, 40mm, 50mm, 60mm, 70mm, 80mm, 90mm, 100mm.
O pelo pode ser natural ou sintético. As sedas naturais son preferíbeis para pinturas ao óleo e vernices, mentres que as sedas sintéticas son as mellores para as pinturas a base de auga xa que as sedas non se expanden cando están molladas. Os cabos poden ser de madeira ou de plástico; as bitolas ou cintas de fixación dos filamentos adoitan ser metálicas, xeralmente de aceiro niquelado.
Pinceis artísticos
[editar | editar a fonte]Os pinceis de arte, en xeral, teñen tamaños especificados por números, aínda que non existe un estándar exacto para as súas dimensións físicas.
De menor a maior, estes tamaños son:
- 7/0 (tamén especificado 0000000), 6/0, 5/0, 4/0, 000, 00, 0, 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 16, 18, 20, 22, 24, 25, 26, 28, 30.
Os tamaños 000 a 20 son os máis comúns.
Os pelos poden ser naturais -- calquera pelo suave ou sedas de animais, como porco ou visón -- ou sintéticos, xeralmente filamentos de nailon extruído. Os pelos naturais máis utilizados: marta Kolinsky (a máis cara e rara), marta vermella, doniña, marta rusa, orella de porco, teixugo, mangosta, mapache (nasua), esquío, orella de touro, camelo, poni (para pinceis escolares), de cabra (para pinceis baratos e de maquillaxe) e crina de cabalo.
Os mangos dos pinceis artísticos adoitan facerse de madeira, pero os máis baratos son de plástico. Moitos mangos fabricados en masa son madeira en bruto sen tratar; obtéñense mangos de mellor calidade con madeiras duras tratadas. A madeira está selada e lacada para darlle ao mango un alto brillo e un acabado impermeábel que protexe contra a sucidade e o inchazo. As asas curtas son para acuarela, gouache e tinta chinesa, mentres que as longas son para óleo e pintura acrílica. As virolas metálicas que suxeitan as sedas ao mango, poden ser de aluminio pulido, latón cromado, niquelado ou cobreado, cobre, níquel ou aceiro niquelado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "pincel". Real Academia Galega. Consultado o 2023-05-20.
- ↑ "Brush; art". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2023-05-19.
- ↑ FERREIRA, A. B. H. Novo dicionário da língua portuguesa. 2ª edição. Río de Xaneiro. Nova Fronteira. 1986. p. 1 330.
- ↑ "Etimología de ‘pincel’". Alberto Bustos (en castelán). 2009-07-04. Consultado o 2023-05-20.
- ↑ "Virola". ilg.usc.gal. Consultado o 2023-05-20.
- ↑ "Capítulo 18 Herramienta pincel histórico - WhyKarloz". www.whygs.com. Consultado o 2023-05-20. [Ligazón morta]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pincel |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Pinceles, historia, tipos y técnicas, lo que un artista debe conocer. (eduardozamarro.com; en castelán)