Saltar ao contido

Pilar Vázquez Cuesta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPilar Vázquez Cuesta
Biografía
Nacemento25 de abril de 1926 Editar o valor en Wikidata
Chantada, España Editar o valor en Wikidata
Morte6 de marzo de 2019 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Profesora
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, filóloga Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Salamanca Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoEnsaio
Familia
PaisDaniel Vázquez Campo Editar o valor en Wikidata  e Modesta Cuesta Gutiérrez Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1111416 AELG: 98 BUSC: vazquez-cuesta-pilar-1926-2019 Dialnet: 522551

Pilar Vázquez Cuesta, nada en Chantada o 25 de abril de 1926 e finada en Santiago de Compostela o 6 de marzo de 2019,[1] foi unha escritora e filóloga galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla de Daniel Vázquez Campo,[2] deputado nas constituíntes de 1931 pola ORGA, dedicou a súa vida ao ensino. A súa tía Luisa Cuesta Gutiérrez xa fora profesora da Universidade de Santiago[3] antes da guerra e a súa nai, Modesta Cuesta, foi a primeira muller Licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela.[4] Criouse en Chantada ata os cinco anos en que a familia marchou a Madrid.[5]

Despois de terminado o Bacharelato, matriculouse na Facultade de Filosofía e Letras na Universidade Complutense de Madrid e licenciouse en 1946. En 1976 acadou, por oposición, a praza de agregada de Lingua e Literatura Portuguesas na Universidade de Salamanca da que foi catedrática até 1988.[6] En 1988 volveu a Galiza cando se creou a Cátedra de Portugués na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela que detentou ata a súa xubilación en 1991, momento en que foi nomeada Profesora Emérita de Filoloxía Galega e Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela.

Estudosa da cultura portuguesa e brasileira e á súa difusión en España, elaborou numerosos estudos, traballos de investigación e traducións ao castelán de autores portugueses e brasileiros, destacando a súa gramática portuguesa en español con Maria Albertina Mendes da Lus.

Publicou estudos sobre Eduardo Pondal, Rosalía de Castro, M. Curros Enríquez, Ramón Cabanillas, Castelao, Otero Pedrayo, Blanco Amor, Luís Seoane, Álvaro Cunqueiro, Lamas Carvajal...[7]

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • Gramática portuguesa (1949). Con Mendes da Lus, María Albertina (en castelán). Gredos. Madrid. Reeditada. II vols.
  • A poesía portuguesa actual (1976). Editora Nacional. Madrid. Ed. bilingüe castelán-portugués. 406 páxs. ISBN 9788427603318.
  • A língua e a cultura portuguesas no tempo dos Filipes (1988). Europa-América. En portugués. 152 páxs.
  • O que um falante de português deve saber acerca do galego (2002). Colibri. Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Lisboa. En Portugués.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
Problemática das línguas sen normalizar. Situación do galego e alternativas, 1980.
  • Problemática das línguas sen normalizar. Situación do galego e alternativas, 1980, AS-PG/Xistral.[8]
  • Situación e perspectivas do Galego, en Congresso sobre a situação da língua portuguesa no mundo, 1985, ICALP, Lisboa.
  • Escritores galegos contemporáneos. Participantes no encontro de escritores galegos e portugueses en Compostela, (setembro 1991) (1991, Xunta de Galicia). Coordinación con Henrique Monteagudo e Fernando Dacosta.

Obras sobre a autora

[editar | editar a fonte]

Obra en castelán

[editar | editar a fonte]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Literatura Gallega, en Historia de las literaturas hispánicas no castellanas, 1980, Taurus, Madrid.
  • A nosa literatura: unha interpretación para hoxe, 1982, Xistral.

Distincións

[editar | editar a fonte]
  1. Mociño, Isabel (7/3/2019). "Pilar Vázquez Cuesta". La Voz de Galicia. 
  2. Rina Simón, César (2015). "Pilar Vázquez Cuesta". Academia. Consultado o 7/3/2018. 
  3. "Xornal electrónico. Acontece". www.usc.es. Consultado o 7/3/2019. 
  4. "Historia de Chantada". Concello de Chantada. Arquivado dende o orixinal o 31/07/2021. Consultado o 7/3/2019. 
  5. Blanco, Carmen (3/5/2021). "Pilar Vázquez Cuesta". Álbum de Galicia. Consello da Cultura Galega. Consultado o 28/5/2021. 
  6. "Pilar Vázquez Cuesta". www.aelg.gal. Consultado o 7/3/2019. 
  7. "Pilar Vázquez Cuesta". Dialnet (en castelán). Consultado o 7/3/2019. 
  8. "Problemática das línguas sen normalizar. Situación do galego e alternativas" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de decembro de 2018. Consultado o 29 de decembro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]