Saltar ao contido

Pieter Bleeker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPieter Bleeker

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de xullo de 1819 Editar o valor en Wikidata
Zaandam, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Morte24 de xaneiro de 1878 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
A Haia, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Director Dokter Djawa School (en) Traducir
1851 – Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitary officer of healthcare (en) Traducir (1841–1864), zoólogo, médico, ictiólogo, ilustrador científico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorReal Academia de Artes e Ciencias dos Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaBleeker Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata

Pieter Bleeker, nado en Zaandam, Países Baixos o 10 de xullo de 1819 e finado na Haia o 24 de xaneiro de 1878, foi un naturalista, anatomista comparativo e ictiólogo holandés, experto no estudo comparado dos peixes —fundamente da ictioloxía— do leste asiático.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Traballos de campo

[editar | editar a fonte]

Desempeñou un traballo como oficial médico na Armada Holandesa das Indias Orientais entre 1842 e 1860, destinado en Indonesia durante a etapa deste país como colonia dos Países Baixos. Durante este tempo fixo a maior parte do seu traballo como ictiólogo polo que é recorecido como científico.

Moitos dos espécimes que catalogou obtívoos directamente dos pescadores indonesios, pero tamén estableceu unha extensa rede de contactos para recibir especies de peixes doutas zonas do leste de Asia baixo dominio doutros gobernos. Chegou a recolectar 12.000 exemplares, moitos dos cales consérvanse hoxe no Museo de Historia Natural de Leiden.

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Tras o seu regreso aos Países Baixos en 1860, publicou o seu Altlas Ichthyologique, unha recompilación detallada de todos os seus estudos en Indonesia, con cerca de 1.500 ilustracións. A obra foi publicada en 36 volumes entre 1862 e a súa morte, en 1878.

Bleeker publicou ademais máis de 500 traballos sobre ictioloxía, describindo neles 511 novos xéneros e 1.925 novas especies.[1][2]

Publicacións máis destacadas

[editar | editar a fonte]
  • "Bijdrage tot de kennis der vischfauna van Nieuw-Guinea". Acta Soc. Sci. Indo-Neerl, 1859, vol. 6
  • "Het partikulier landbezit op Java". in: De Gids, 1863
  • Collected Fish Papers of Pieter Bleeker en W. H. Lamme (editor)
  • Pieter Bleeker, M.Weber & L. F. de Beaufort. The fishes of the Indo-Australian Archipelago, Leiden, 1911-1922, 4 volumes
  • Bijdragen tot de Ichtyologie van de Indonesische Archipel, Amsterdam, 1972 (reimpresión), 4 volumes
  • Révision des espèces indo-archipélagiques de grouppe des Apogonini. Haarlem, Erven Loosjes, 1874. 105 páxinas.
  • Mémoire sur les Chromides Marins ou Pomacentroïdes de l'Inde Archipélagique, Haarlem, Erven Loosjes, 1877, 166 páxines
  • Description de quelques espèces de Cobitioïdes et de Cyprinoïdes de Ceylan, Haarlem, Loosjes, 1864, 99 páxines.
  • Atlas Ichthyologique des Indes Orientales Néêrlandaises, con 420 cromolitografías de Speigler, Amsterdam, 1862-1878, 10 volumes
  • Contribution à la faune ichthyologique de l'île Maurice, Amsterdam, Chez C. G. van der Post. 1878, 23 páxinas.
  • Reis door de Minahassa en den Molukschen archipel, Batavia, Lange, 1856, 2 volumes

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviatura Bleeker utilízase para indicar a Pieter Bleeker como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

  1. Bleeker, P. Over de Reptiliën-fauna van Sumatra. Natuurkundig Tijdschrift voor Nederlandsch Indië (Nat. Tijdschr. Ned. Ind.) 21: 284-298.
  2. The Reptile Database. www.reptile-database.org.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Bleeker P., M. J. P. van Oijen, G. M. P. Loots & F. J. G. van Limburg: A precursor of the fish of the Indian Archipelago. Part 1: Siluri. Zoologische Mededelingen, Vol. 83, 2009, p. 1–317 PDF
  • Norman D. & P. J. P. Whitehead: The Bleeker/Günther letters and the sale of Bleeker specimens to the British Museum, Zoologische Mededelingen, Vol. 58, 1984, p. 295–312 PDF
  • Whitehead P. J. P., M. Boeseman & A. C. Wheeler The types of Bleeker's Indo-Pacific Elopoid and Clupeoid Fishes, Zoologische Verhandelingen, Vol. 84 p. 1–152 PDF