Pierre Joseph Bonnaterre
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1752 Aveyron, Francia |
Morte | 20 de setembro de 1804 (51/52 anos) Saint-Geniez-d'Olt, Francia (pt) |
Residencia | Francia |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | Cetologista (pt) , naturalista, botánico, zoólogo, ornitólogo, entomólogo, ictiólogo |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Bonnaterre |
Descrito pola fonte | Salmonsens Konversationsleksikon (en) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
O abade Pierre-Joseph Bonnaterre, nado contra 1752 en Saint-Geniez-d'Olt (no actual departamento de Aveyron, Mediodía-Pireneos, Francia) e finado na mesma vila o 20 de setembro de 1804, foi un naturalista francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bonnaterre entrou no seminario de Rodez en 1772 e foi ordenado como presbítero o 22 de febreiro de 1779.
Exerceu como cura na Rouergue (antiga provincia do mediodía francés que se corresponde aproximadamente co actual departamento do Aveyron), e ensinou historia natural en Rodez.
Foi un dos primeiros naturalistas franceses en romper coa escola de Buffon para adoptar o sistema linnenano. Participou na parte ornitolóxica (1790-1792) e ictiolóxica da enciclopedia tituada Tableau encyclopédique et méthodique des trois règnes de la nature.
Bonnaterre contribuíu aos estudos dos mamíferos (e en especial, dos cetáceos), aves, réptiles, anfibios, peixes e insectos.
Tamén se recorda como o primeiro científico que estudou o neno salvaxe Victor de Aveyron (cuxa vida inspirou a François Truffaut no seu filme L'Enfant sauvage.
Bonnaterre identificou preto de 25 novas especies de peixes, e dotou á súa enciclopédica obra con preto de 400 ilustracións.
Algunhas publicacións
[editar | editar a fonte]- Tableau encyclopédique et méthodique des trois règnes de la nature, dix-huitième partie, insectes. Agasse, París 1797.
- Recueil de médecine vétérinaire ou Collection de mémoires d'instructions et de recettes sur les maladies des animaux domestiques.
- Tableau encyclopédique et méthodique des trois règnes de la nature, Cétologie, Ophiologie, Erpétologie. Padoue 1795.
- Tableau encyclopédique et méthodique des trois règnes de la nature, Ophiologie. Panckoucke, París 1790.
- Tableau encyclopédique et méthodique des trois règnes de la nature, Ornithologie. Panckoucke, París 1790/91.
- Tableau encyclopédique et méthodique des trois règnes de la nature, Cétologie. Panckoucke, París 1789.
- Tableau encyclopédique et méthodique des trois règnes de la nature, Erpétologie. Panckoucke, París 1789/90.
- Tableau encyclopédique et méthodique des trois règnes de la nature, Ichthyologie. Panckoucke, París 1788.[1]
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Bonnaterre emprégase para indicar a Pierre Joseph Bonnaterre como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Walters, Micahel (2003): A Concise History of Ornithology. New Haven, Connecticut: Yale University Press. ISBN 0-300-09073-0
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Agence régionale de l'environnement de Haute-Normandie (AREHN) Breve biografía de Bonnaterre e análise da súa obra. (en francés) Consultada o 14/11/2012.