Fobos 1
Fobos 1 | |
---|---|
Representación artística da Fobos 1 | |
Tipo | Científico |
Data de lanzamento | 7 de xullo de 1988[1][2][3] |
Foguete portador | Proton K/D-2[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][3][4][5] |
Obxectivo da misión | Estudo de Fobos e Marte.[2][3][4][5] |
NSSDC ID | 1988-058A |
Fobos 1 foi unha sonda espacial soviética lanzada cara Marte o 7 de xullo de 1988 mediante un foguete Proton K/D-2 desde o cosmódromo de Baikonur.[1][2][4][5]
Características
[editar | editar a fonte]Fobos 1 foi unha sonda espacial soviética que, xunto coa súa case xemelga Fobos 2, foi enviada a estudar Marte e o seu satélite Fobos. Sucesoras das sondas Vega 1 e Vega 2 destinadas a estudar Venus, os obxectivos das sondas Fobos era estudar a contorna interplanetaria, o Sol, o plasma nas proximidades de Marte, estudar a superficie e atmosfera do planeta e estudar a composición superficial de Fobos. Ambas sondas contaron con colaboración internacional, con 14 países contribuíndo con experimentos ou infraestrutura.[1][2][4][5]
A sonda estaba composta por unha sección principal presurizada con forma de toro que contiña a electrónica da nave, rodeando un módulo cilíndrico coa instrumentación científica e, por debaixo do conxunto, catro tanques esféricos de hidracina para a propulsión e o control de actitude, formado por 28 propulsores: 24 cun impulso de 50 N e catro de 10 N. Ademais cada sonda levaba unha subsonda que tería que ser soltada na superficie de Fobos para estudiala, e Fobos 2 levaba un pequeno aterrizador que tería sido capaz de saltar entre varios puntos da lúa.[1][2][4][5]
A sonda funcionou con normalidade ata que fallou en comunicarse coa Terra o 2 de setembro de 1989. O contacto non se recuperou xamais. Unha investigación revelou que o problema estivo nos comandos de software enviados desde o control de terra á nave entre o 29 e o 30 de agosto, que contiñan erros que desactivaron os propulsores, impedindo á nave orientarse para comunicarse ou xerar enerxía cos seus paneis solares.[1][2][4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "PHOBOS 1" (en inglés). Consultado o 16 de abril de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (28 de outubro de 2022). "Phobos 1" (en inglés). Consultado o 16 de abril de 2023.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 19 October 1988 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (88-26476 (E)). 25 de outubro de 1988: 2. Consultado o 16 de abril de 2023.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Fobos 1, 2" (en inglés). Consultado o 16 de abril de 2023.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2023). "Fobos 1F" (en inglés). Consultado o 16 de abril de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fobos 1 |