Saltar ao contido

Philip Sclater

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Philip Lutley Sclater»)
Modelo:BiografíaPhilip Sclater

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Philip Lutley Sclater Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de novembro de 1829 Editar o valor en Wikidata
Wootton St Lawrence, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xuño de 1913 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Odiham, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaInglaterra Editar o valor en Wikidata
EducaciónCorpus Christi College - mestría en artes (1849–1851)
Corpus Christi College (en) Traducir - matemáticas (1846–1849)
Winchester College (pt) Traducir (1842–1846)
Twyford School (en) Traducir (1838–1842)
Christ Church College Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoZooloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbiólogo, avogado, zoólogo, ornitólogo, Barrister Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaP.L. Sclater Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeJane Anne Eliza Sclater (1862–1913), morte Editar o valor en Wikidata
FillosLilian Elizabeth Lutley Sclater, William Lutley Sclater, Bertram Lutley Sclater, Guy Lutley Sclater, Arthur Lutley Sclater Editar o valor en Wikidata
PaisWilliam Lutley Sclater Editar o valor en Wikidata  e Anna Maria Bowyer Editar o valor en Wikidata
IrmánsGeorge Sclater-Booth, 1st Baron Basing Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Men-at-the-Bar (en) Traducir
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Sclater-153 Find a Grave: 101926407 Editar o valor en Wikidata

Philip Lutley Sclater, nado o 4 de novembro de 1829 en Tangier Park, Hampshire,[1][2] e finado o 27 de xuño de 1913 en Odiham, Hampshire,[3] foi un avogado e zoólogo británico especializado en ornitoloxía.

É famoso porque identificou e definiu as principais rexións zooxeográficas do mundo.

Foi secretario da Zoological Society of London durante 42 anos, desde 1860 a 1902.

Así mesmo, foi un dos membros fundadores da Comisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica, en 1895.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Membro dunha familia da pequena nobreza, estudou no Winchester College de Winchester (Hampshire) e no Christ Church College de Oxford, onde obtivo a súa licenciatura (Bachelor of Arts) en 1859. Estuou ornitoloxía con Hugh Edwin Strickland. En 1851 comezou a estudar dereito e pronto foi admitido na avogacía.

Fascinado pola Historia natural, dedicou o seu tempo libre ao estudo das aves, frecuentando a Charles Lucien Bonaparte, John Cassin, Joseph Leidy e John Lawrence LeConte.

En 1858 publicou un artigo nos Proceedings of the Linnean Society titulado "On the General Distribution of Members of the Class Aves" no que definiu seis rexións zoolóxicas, que denominou rexións Paleártica, Etiópica, Indomalaia, Australiana, Neártica e Neotropical.[4] Estas rexións bioxeográficas (ou ecozonas, como se adoitan denominar agora) aínda teñen vigor na actualidade, e se aplican aos outros grupos de animais.

Sclater foi o fundador de The Ibis, a revista da British Ornithologists' Union, e o seu editor de durante case 57 anos. Ocupou o cargo de secretario da Zoological Society de Londres de 1860 a 1903, sociedade na que fora admitido en 1850. Sclater desempeñou un gran papel na notoriedade desta sociedade, e mellorou as súas instalacións, estabilizou as súas finanzas, ocupouse das publicacións etc. Foi nomeado membro da Royal Society en 1861, da British Association for the Advancement of Science en 1847, e membro de moitas outras sociedades científicas, entre elas a Sociedae Linneana de Londres e a Royal Geographical Society

En 1895 figura entre os membros fundadores da Comisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica, composta por cinco zoólogos: R. Blanchard, J. V. Carus, F. A. Jentink, P. L. Sclater e C. W. Stiles.

Sclater mantivo estreitas relacións con moitos ornitólogos do seu tempo como Alfred Newton, Osbert Salvin, o reverendo Henry Baker Tristram, o anatomista Alfred Henry Garrod e Thomas Henry Huxley. Recibiu frecuentes visitas de Charles Darwin.

Describiu e deu nome moitas especies de aves, das que 429 seguen sendo válidos.

Retirouse en 1903, continuando porén unha intensa actividade científica antes de sucumbir a un accidente de tráfico.

O seu fillo, o zoólogo William Lutley Sclater (1863-1944), sucedeuno na dirección de The Ibis.

Aínda que eclipsado por algúns dos seus contemporáneos famosos (como Charles Darwin e Alfred Russel Wallace), Sclater pode considerarse como un precursor da bioxeografía,[5] e mesmo o pai da cladística. En 1858, por exemplo, escribiu que "...pouca ou ningunha atención se lle dá ao feito de que dúas ou máis especies destas divisións xeográficas poden ter relacións máis próximas entre si que entre calquera outra terceira..."[4]

Algunhas obras

[editar | editar a fonte]

Sclater foi o autor de case 1.400 publicacións, entre as que destacan:

  • Exotic Ornithology (1866-1869) - en colaboración con Osbert Salvin.
  • Nomenclator Avium (1873) - en colaboración con Osbert Salvin.
  • Argentine Ornithology (1888-1889) - en colaboración con Wilfred Hudson Osgood.
  • The Book of Antelopes (1894-1900) - en colaboración con Oldfield Thomas.
  • Catalogue of the Passeriformes, Or Perching Birds, in the Collection of the British Museum, Fringilliformes: Part 2. Containing the Families Coelig;rebidaelig;, Tanagridaelig;, and Icteridaelig. Elibron Classics Series. ISBN 1-4021-5875-0
  • The geography of mammals (1899) - en colabroación con William Lutley Sclater (seu fillo). Biologists and their world. Edición ilustrada, reimpresa, de Ayer Publishing. ISBN 0-405-10647-5 en liña

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviarura Sclater úsase para recoñecer a Philip Sclater como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

  1. VV. AA. (1908I): Who's who A. & C. Black.
  2. John Michels & Moses King (1896): Science. Vol. 4.
  3. Unbekannt, S. (1913), p. 239.
  4. 4,0 4,1 P. L. Sclater (1858)): "On the general geographical distribution of the members of the class Aves". J. Proc. Linnean Soc. Zool. 2: 130–145.
  5. Sclater, Philip (1876): "On the Present State of our Knowledge of Geographical Zoologye" Nature 13: 482-483.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Daniel Giraud Elliot (1914): In memoriam: Philip Lutley Sclater. The Auk 31 (1): 1-12.
  • Arthur Humble Evans (1913): "Philip Lutley Sclater" The Ibis 1 (4): 642-649 Ver on line
  • Unbekannt, S. (1913): "Philip Lutley Sclater" Ornithologisches Jahrbuch 24.