Phaseolus
Phaseolus | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Phaseolus coccineus | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
ver texto | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
Phaseolus é un xénero na familia Fabaceae (Leguminosae) cunhas 90 especies aceptadas, das máis de 600 descritas, todas nativas das Américas.[2] A especie máis popular é Phaseolus vulgaris, os seus froitos e sementes son coñecidos vulgarmente como feixóns, ou fabas. Tamén pertencen a este xénero a faba de tres anos (Phaseolus coccineus) e mais a faba de Lima ou feixón de Lima (Phaseolus lunatus)[3].
Descrición
[editar | editar a fonte]Son herbas rubideiras volúbeis, erectas ou rastreiras, perennes ou anuais, a miúdo cubertas de pelos con ganchos. As follas son trifolioladas, con folíolos enteiros ou lobados e con estípulas persistentes. As flores están dispostas en acios axilares inseridos nos nós inchados, con brácteas persistentes ou caedizas. Teñen cáliz campanulado ou brevemente tubuloso, bilabiado co labio superior de 2 sépalos soldados e o inferior de 3. A corola, de cor violácea, azul, avermellada, amarela, ou de varios tons, con estandarte suborbicular, reflexo e ocasionalmente con apéndices na base; as ás, de forma obovada ou oblonga, adhiren á quilla que é lineal, con bico longo, espiralmente torta. Os estames, en número de 10, son diadelfos (9 soldados 1 ceibo), e o xineceo ten o estilo torto de polo menos 360º, con estigma alongado e oblicuo. O froito é un legume lineal ou oblongo, comprimido ou cilíndrico, polispermo, de 2 até moitas sementes oblongas ou reniformes, con estrofíolo e fío cortamente lineal, de xerminación epí ou hipóxea.[4]
- Filoxenia
Análises filoxenéticas do xénero, baseado en datos morfolóxicos e moleculares, conclúen que todas as especies pertencen a 8 clados diferenciados morfóloxica, ecolóxica ou bioxeograficamente, excepto unhas 5 especies enigmáticas (Phaseolus glabellus, P. macrolepis, P. microcarpus, P. oaxacanus e P. talamancensis) que non entran claramente en ningunha destas divisións, e están só debilmente relacionados co clado de P. Tuerckheimii.[5]
Distribución
[editar | editar a fonte]O xénero está conformado por preto de 90 especies endémicas do continente americano que medran a altitudes comprendidas entre 700 e 2000 msnm), en terras baixas secas ou húmidas, piñeirais e carballeiras así como selvas húmidas desde o sueste do Canadá até o norte da Arxentina. As especies bravas están distribuídas desde o norte de México até o centro da Arxentina atopándose marcadas diferenzas morfolóxicas e moleculares entre os dous extremos da súa distribución xeográfica. Cinco especies foron domesticadas de maneira independente a partir de distintas especies bravas americanas. P.vulgaris, P. lunatus, P. polyanthus, P.acutifolius e P. coccineus: as dúas primeiras foron obxecto de múltiples domesticacións nos Ándes meridionais e México-Centroamérica; a terceira, e a menos influenciada pola domesticación, áchase en México, Mesoamérica, o Caribe e América do Sur (até o norte do Perú); e as dúas últimas corresponden a México, o sur-oeste dos Estados Unidos e Centroamérica.
Usos
[editar | editar a fonte]Os feixóns son un dos cultivos máis antigos do mundo. Xunto co millo e maila iuca, foron un alimento básico dominante das Américas durante milenios.
Da planta consómense as follas e vaíñas, e especialmente as sementes maduras e/ou secas, que son unha importante fonte proteica -por exemplo, uns 20% do peso seco de Phaseolus vulgaris- en zonas tropicais, subtropicais e tépedas, primeiro en América e, despois da súa introdución en Europa en épocas colombinas, no resto do mundo.
Subdivisións
[editar | editar a fonte]O xénero está subdividido nunhas 15 seccións:[6]
- Especies non incluídas
- Phaseolus augusti Harms
- Phaseolus carteri Freytag & Debouck
- Phaseolus diversifolius Pittier
- Phaseolus glabellus Piper
- Phaseolus lignosus Britton
- Phaseolus microcarpus Mart.
- Phaseolus mollis Hook. f.
- Phaseolus pachyrrhizoides Harms
- sect. Acutifolii: con 2 especies e 2 variedades aceptadas dos 6 táxones descritos.
- ₴ Especies aceptadas:
- Phaseolus acutifolius A. Gray
- Phaseolus parvifolius Freytag
- ₴ Especies aceptadas:
- sect. Bracteati
- Phaseolus macrolepis Piper
- Phaseolus talamancensis Debouck & Torres González
- sect. Brevilegumeni
- Phaseolus campanulatus Freytag & Debouck
- Phaseolus oligospermus Piper
- Phaseolus tuerckheimii Donn. Sm.
- sect. Chiapasana
- Phaseolus chiapasanus Piper
- sect. Coccinei
- sect. Coriacei
- Phaseolus maculatus Scheele
- Phaseolus reticulatus Freytag & Debouck
- Phaseolus venosus Piper
- sect. Digitati
- Phaseolus albiflorus Freytag & Debouck
- Phaseolus albiviolaceus Freytag & Debouck
- Phaseolus altimontanus Freytag & Debouck
- Phaseolus neglectus F. J. Herm.
- Phaseolus trifidus Freytag
- sect. Falcati
- Phaseolus leptostachyus Benth.
- Phaseolus macvaughii A. Delgado
- Phaseolus micranthus Hook. & Arn.
- Phaseolus opacus Piper
- Phaseolus persistentus Freytag & Debouck
- sect. Minkelersia
- Phaseolus amabilis Standl.
- Phaseolus amblyosepalus (Piper) C. V. Morton
- Phaseolus anisophyllus (Piper) Freytag & Debouck
- Phaseolus nelsonii Maréchal et al.
- Phaseolus parvulus Greene
- Phaseolus pauciflorus Sessé & Moc. ex G. Don
- Phaseolus perplexus A. Delgado
- Phaseolus plagiocylix Harms
- Phaseolus pluriflorus Maréchal et al.
- Phaseolus tenellus Piper
- sect. Paniculati
- Phaseolus acinaciformis Freytag & Debouck
- Phaseolus albinervus Freytag & Debouck
- Phaseolus dasycarpus Freytag & Debouck
- Phaseolus jaliscanus Piper
- Phaseolus juquilensis A. Delgado
- Phaseolus longiplacentifer Freytag
- Phaseolus lunatus L., lle haricot de Lima
- Phaseolus maculatifolius Freytag & Debouck
- Phaseolus marechalii A. Delgado
- Phaseolus nodosus Freytag & Debouck
- Phaseolus polystachios (L.) Britton et al.
- Phaseolus rotundatus Freytag & Debouck
- Phaseolus salicifolius Piper
- Phaseolus scrobiculatifolius Freytag
- Phaseolus sonorensis Standl.
- Phaseolus xolocotzii A. Delgado
- sect. Pedicellati
- Phaseolus esperanzae Seaton
- Phaseolus grayanus Wooton & Standl.
- Phaseolus laxiflorus Piper
- Phaseolus oaxacanus Rose
- Phaseolus pedicellatus Benth.
- Phaseolus polymorphus S. Watson
- Phaseolus purpusii Brandegee
- Phaseolus pyramidalis Freytag
- Phaseolus scabrellus Benth. ex S. Watson
- Phaseolus teulensis Freytag
- sect. Phaseolus: con 72 táxones descritos, dos cales 6 especies e 25 táxones infra-específicos están aceptados e o resto son meros sinónimos.
- ₵ Especies aceptadas:
- Phaseolus albescens McVaugh ex Ramirez-Delgadillo & A. Delgado
- Phaseolus coccineus L.
- Phaseolus costaricensis Freytag & Debouck
- Phaseolus dumosus Macfad.
- Phaseolus persistentus Freytag & Debouck
- Phaseolus vulgaris L.
- ₵ Especies aceptadas:
- sect. Revoluti
- Phaseolus leptophyllus G. Don
- sect. Rugosi
- Phaseolus angustissimus A. Gray
- Phaseolus filiformis Benth.
- sect. Xanthotricha
- Phaseolus esquincensis Freytag
- Phaseolus gladiolatus Freytag & Debouck
- Phaseolus hintonii A. Delgado
- Phaseolus magnilobatus Freytag & Debouck
- Phaseolus xanthotrichus Piper
- Phaseolus zimapanensis A. Delgado
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Phaseolus en USDA-GRIN Taxonomy for Plants
- ↑ Phaseolus en The Plant List
- ↑ Recomendación do Servizo de Normalización Lingüística da USC
- ↑ Phaseolus en Flora of China
- ↑ Delgado-Salinas A., Bibler R., Lavin M., Phylogeny of the genus Phaseolus (Leguminosae): a recent diversification in an ancient landscap.
- ↑ Lewis G, Schrire B., Mackinder B. & Lock M., Legumes of the World, Kew Royal Botanic Gardens, 577 pp, 2005
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Phaseolus |