Saltar ao contido

Peter Jackson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPeter Jackson

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Sir Peter Robert Jackson Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Peter Robert Jackson Editar o valor en Wikidata
31 de outubro de 1961 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Wellington, Nova Zelandia Editar o valor en Wikidata
EducaciónKāpiti College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, montador, actor, escritor, produtor de cinema, guionista, realizador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1987 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Familia
CónxuxeFran Walsh (1987–) Editar o valor en Wikidata
FillosBilly Jackson, Katie Jackson Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteLentapedia
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001392 Allocine: 12243 Rottentomatoes: celebrity/peter_jackson Allmovie: p95689 TCM: 93243 Metacritic: person/peter-jackson TV.com: people/peter-jackson
Facebook: PeterJacksonNZ Twitter: ReaPeterJackson BNE: XX1177304 Dialnet: 694744 Musicbrainz: 1192bf91-25e1-40cb-b823-d4f6c451d262 Songkick: 552462 Discogs: 1845177 WikiTree: Jackson-11419 Editar o valor en Wikidata

Sir Peter Robert Jackson, nado en Pukerua Bay o 31 de outubro de 1961, é un guionista, produtor e director de cine neozelandés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Jackson comezou a súa carreira realizando pequenas películas no seu tempo libre. Unha delas, Bad Taste, acadou notoriedade no Festival de Cannes, comezando así a súa carreira profesional no cine. Ó contrario que outros directores de Nova Zelandia, Jackson permaneceu no seu país para realizar alí os seus proxectos.

Na súa segunda película Meet The Feebles, empregou marionetas. Pero o salto a fama como director de culto chégalle con Braindead, unha película a medio camiño entre a comedia e o terror coa que conseguiu varios premios. Jackson tamén realizou o filme Heavenly Creatures, protagonizado por Kate Winslet e baseado en feitos reais. Con esta película conseguiu o seu primeiro nomeamento ós Óscar como Mellor Guión e foi premiado no Festival de Venecia. En 1995 rodou Forgotten Silver, unha especie de documental sobre as aventuras dun cineasta, e ó ano seguinte fixo o filme de suspense The Frighteners protagonizado por Michael J. Fox.

Peter Jackson é principalmente coñecido por dirixir a triloxía cinematográfica sobre O señor dos aneis. As tres películas foron rodadas simultaneamente durante tres anos e estreadas sucesivamente nos Nadais de 2001 a 2003. Coa terceira conseguiu once premios Óscar, entre eles o de Mellor Película, igualando a outras coma Ben-Hur ou Titanic.

Universal Studios contratou a Peter Jackson para dirixir o remake do clásico King Kong por 20 millóns de dólares máis o 20 % dos beneficios, o que o converteu no director mellor pagado da historia. Jackson declarou en varias ocasións que a versión de 1933 foi a película que o animou a dedicarse ó mundo do cine.

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Director

Ano Título Nomeamentos ó Óscar Óscar gañados Nomeamentos ó BAFTA BAFTA gañados Nomeamentos ós Globos de Ouro Globos de Ouro gañados
1976 The Valley (curtametraxe)
1987 Bad Taste
1989 Meet the Feebles
1992 Braindead
1994 Heavenly Creatures 1
1995 Forgotten Silver
1996 The Frighteners
2001 The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring 13 4 12 4 4
2002 The Lord of the Rings: The Two Towers 6 2 9 2 2
2003 The Lord of the Rings: The Return of the King 11 11 12 4 4 4
2005 King Kong 4 3 3 1 2
2008 Crossing the Line (curtametraxe)
2009 The Lovely Bones 1 2 1
2012 The Hobbit: An Unexpected Journey 3 3
2013 The Hobbit: The Desolation of Smaug 3 2
2014 The Hobbit: The Battle of the Five Armies 1 1

Produtor

Ano Título Traballo
1987 Bad Taste Produtor/Director
1989 Meet the Feebles Produtor/Director
1992 Valley of the Stereos (curtametraxe) Co-produtor
1994 Heavenly Creatures Co-produtor/Director
1996 Jack Brown Genius Produtor
1996 The Frighteners Produtor/Director
2001 The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring Produtor/Director
2002 The Lord of the Rings: The Two Towers Produtor/Director
2003 The Lord of the Rings: The Return of the King Produtor/Director
2003 The Long and Short of It (curtametraxe) Produtor executivo
2005 King Kong Produtor/Director
2009 District 9 Produtor
2009 The Lovely Bones Produtor/Director
2011 The Adventures of Tintin Produtor
2012 West of Memphis Co-produtor
2012 The Hobbit: An Unexpected Journey Produtor/Director
2013 The Hobbit: The Desolation of Smaug Produtor/Director
2013 The Hobbit: The Battle of the Five Armies Produtor/Director