Pervyi Kanal
Pierviy Kanal | |
---|---|
Inicio das emisións | 22 de marzo de 1951 |
Formato da imaxe | 576i |
Datos de audiencia | 15,4% (agosto de 2010, TNS Russia) |
País | Rusia |
Lingua | Ruso |
Área de emisión | Rusia Ucraína Belarús Estonia Letonia Lituania Casaquistán Unión Europea África Israel América do Norte |
Sede central | Moscova |
Nome(s) anterior(es) | 1951-1991: USSR Central TV Program 1 1991-1995: Ostankino Channel 1 1995-2002: Public Russian Television |
Na rede
| |
http://www.1tv.ru | |
Pervyi Kanal (en cirílico Первый канал, en galego Primeira Canle, 1TV ou Canle 1 Rusia) é a primeira cadea de televisión da Rusia. É unha cadea de titularidade pública e pertence ao Estado, porén ten accionario privado e funciona coma unha cadea xeralista. Desde o ano 1993 pertence á Unión Europea de Radiodifusión. A súa sede está na Torre Ostankino de Moscova.
Historia
[editar | editar a fonte]Cando a Unión Soviética desapareceu no ano 1991, a Federación Rusa asumiu a maior parte das súas estruturas e institucións. Un dos primeiros actos do novo goberno de Boris Eltsin foi a sinatura dun decreto presidencial o 27 de decembro de 1991, que prevé a competencia de Rusia sobre o sistema de televisión central. A cadea sufriu unha forte crise económica durante varios anos e mediante un decreto presidencial do 30 de novembro de 1994 foi transformada en sociedade anónima.
No ano 1995 naceu a Televisión Pública Rusa (en ruso Общероссийский телевизионный канал), denominación que mantivo ata o ano 2002. A nova cadea mantivo programas da televisión soviética que eran populares entre a poboación e introduciu outros novos. O primeiro director da cadea foi o periodista Vladislav Listyev. A privatización parcial realizouse debido a delicada situación económica da cadea.
Tras o colapso financeiro de 1998, a cadea recibiu un préstamo por parte do Goberno duns 100 millóns de dólares.[1]
A partir do ano 2000 a cadea cambio o seu nome polo actual Pierviy Kanal.
No ano 2009 foi a encargada da organización do Festival de Eurovisión celebrado en Moscova trala vitoria o ano anterior en Belgrado (Serbia) do cantante Dima Bilan, sendo esta a primeira vez que Rusia gañaba o dito certame musical.
Cadeas irmás
[editar | editar a fonte]- Dom Kino | Cinema House (2) — cine
- Muzyka Pervogo | Channel One Music (3) — música
- Vremya | Time (4) — Historia do século XX
- Telenyanya | TV Nanny (5) — para nenos
- Telecafe | Television Café (6) — comida
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Television in the Russian Federation: Organisational Structure, Program Production and Audience
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Official website (en ruso)
- Official Worldwide Site (en ruso)