Saltar ao contido

Pero Mafaldo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPero Mafaldo
Biografía
Actividade
Ocupacióntrobador Editar o valor en Wikidata

BUSC: pero-mafaldo

Pero Mafaldo foi un trobador ou xograr do século XIII activo na corte de Afonso X.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

António Resende de Oliveira sostén que era portugués, da liñaxe dos Mafaldo (familia nobre do norte de Portugal) e fillo de Mem Pais Mafaldo.[1] Con todo, o catedrático Vicenç Beltrán identifícao cun xograr galego asentado en Cataluña e documentado en 1249, 1265 e 1269.[2]

Frecuentou a corte de Afonso X e probablemente a corte aragonesa, ao servizo do infante Pedro, onde entraría en contacto co trobador Cerveri de Xirona.[3]

En 1265 documéntase un Pero Mafaldo na corte do rei portugués Afonso III, ao servizo de Joao Peres de Aboim. Puido establecerse en Santarém, onde tería propiedades.[4]

Consérvanse nove obras. Un sirventés moral, catro cantigas de amor, dúas cantigas de amigo, dúas cantigas de escarnio e maldicir (a María Pérez A Balteira e a Pero d’Ambroa).[5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]