Saltar ao contido

Anfernee Hardaway

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Penny Hardaway»)
Modelo:BiografíaAnfernee Hardaway

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xullo de 1971 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Memphis, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversity of Memphis (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura201 cm Editar o valor en Wikidata
Peso100 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador de baloncesto Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1993 Editar o valor en Wikidata - 2007 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla, Base e Escolta Editar o valor en Wikidata
Convocado porGolden State Warriors Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Miami Heat
1991–1993 Memphis Tigers men's basketball
1993–1999 Orlando Magic
1999–2004 Phoenix Suns
2004–2006 New York Knicks
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2018– Memphis Tigers men's basketball (en) Traducir (head coach (en) Traducir) Editar o valor en Wikidata
Participou en
1996Xogos Olímpicos de 1996 Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosJayden Hardaway Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webpennyhardaway.net Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0362040 Twitter: Iam1Cent WikiTree: Hardaway-387 Editar o valor en Wikidata

Anfernee Deon "Penny" Hardaway, nado o 18 de xullo de 1971 en Memphis, Tennessee, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense da National Basketball Association (NBA). Con 2,01 metros de altura podía xogar tanto de base, coma escolta ou aleiro.

Os seus anos máis produtivos foron durante a súa época en Orlando Magic, e algún momento de brillantez en Phoenix Suns. Con todo, as lesións marcaron a carreira deste xogador, cortando unha traxectoria que prometía levalo a ser un dos mellores da historia. O seu alcume, Penny (penique), púxollo a súa avoa, que sempre dicía que era "pretty as a penny" (bonito como un penique). O seu último equipo foi Miami Heat da NBA, que abandonou o 12 de decembro de 2007.

Traxectoria deportiva

[editar | editar a fonte]

Universidade

[editar | editar a fonte]

Disputou dous anos na Universidade de Memphis, onde fixo 20 puntos, 7,7 rebotes e 5,9 asistencias por partido.

Profesional

[editar | editar a fonte]

Foi elixido no Draft da NBA de 1993 por Golden State Warriors no posto número 3, pero foi inmediatamente traspasado aos Orlando Magic a cambio de Chris Webber. Inmediatamente causou impacto na liga, gañando o MVP no partido de rookies do All-Star Weekend e sendo elixido no mellor quinteto de novatos dese mesmo ano. Neses primeiros anos xogou xunto á grande estrela Shaquille O'Neal, levando xuntos ao equipo á final da NBA de 1995, onde caeron ante os Houston Rockets. En 1996 foi elixido para participar coa súa selección nos Xogos Olímpicos de Atlanta, onde gañaron a medalla de ouro.

Disputou seis tempadas no equipo de Florida, até ser traspasado a Phoenix Suns. Alí comezou o seu particular calvario, ao perderse case por completo a tempada de 2000-2001 por unha lesión de xeonllo. A finais de 2003, e tras catro tempadas e media en Arizona, foi traspasado aos New York Knicks, onde unha nova lesión mantenlle de momento apartado da liga. En agosto de 2007 asinou como axente libre con Miami Heat.[1] O 12 de decembro de 2007 foi cortado polo equipo para fichar a Luke Jackson.

Logros persoais

[editar | editar a fonte]
Cadro de medallas
Xogos Olímpicos
Ouro Atlanta 1996 Estados Unidos
  • Campión Olímpico en Atlanta 1996.
  • Elixido no mellor quinteto de rookies en 1994.
  • Catro veces All Star.
  • Elixido en dúas ocasións no mellor quinteto da liga.
  1. "HEAT Sign Anfernee Hardaway". Miami Heat (en inglés). Consultado o 2020-01-08. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]