Península de Barú
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Bolívar, Colombia | |||
| ||||
Características | ||||
Altitude | 9 m | |||
A península de Barú, ás veces denominada Illa de Barú, é unha zona costeira situada ó sur e a 45 minutos en lancha de Cartaxena de Indias, Colombia.[1] É famosa polas súas praias brancas e auga turquesa. Está separada do territorio pola Canle do Dique. Até 2014, a única forma de cruzalo era en balsa. Foi nese ano cando se inaugurou a chamada "Ponte de Barú".
Hoxe en día é un lugar de grande auxe turístico. A maioría das praias son privadas, propiedade de particulares ou empresas turísticas, agás Praia Branca que é a única praia pública.
Nas augas de mar que están en fronte de Barú combateuse a batalla de Barú en 1708, durante a cal se afundiu o galeón San José.[2]
Poboación
[editar | editar a fonte]Na península de Barú hai varias vilas, cunha poboación total de preto de 20.000 persoas. A maioría delas viven grazas ó turismo, ben sexa traballando nas instalacións hoteleiras ou ben vendendo artesanías ós visitantes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Woods, Sarah (21 de setembro de 2015). Colombia. Bradt Travel Guides. p. 407. ISBN 9781841623641.
- ↑ AP, ed. (6 de decembro de 2015). ""Holy grail" of shipwrecks found off Colombia". Consultado o 2 de xullo de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Península de Barú |