Saltar ao contido

Penélope

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Odiseo e Penélope.
Estatua de Penélope no Vaticano.

Penélope (en grego Πηνελόπη) é unha personaxe da Odisea, un dos dous grandes poemas épicos atribuídos a Homero (o outro é a Ilíada).

Penélope é a esposa do personaxe principal, o rei de Ítaca Odiseo (ou Ulises). Ela espera durante vinte anos o retorno do seu home da Guerra de Troia. Por esta razón considérase como un símbolo da fidelidade conxugal. Era filla de Icario e a súa esposa Periboea

Mentres o seu esposo está fóra, Penélope é pretendida por múltiples homes. Para manter a súa castidade ante a ausencia do seu marido, esta idea un gran plan. Dilles aos pretendentes que aceptará a desaparición de Odiseo, coa consecuente promesa dun novo enlace, cando remate de tecer un sudario, para cando falecese o ex rei Laertes, no que estaba traballando. Para manter o maior tempo posible este tecido en elaboración, procura desfacer pola noite o que creou durante o día, e desta xeito soporta os 20 anos, até que unha das súas servas a descobre e conta a verdade.

Ela entón propúxolle outra condición ao seu pai, que quería que casase. Coñecendo a dureza do arco de Odiseo, afirmou que casaría co home que o conseguise encordoar. De entre todos os pretendentes, apenas un labrego humilde conseguiu realizar a proeza. Inmediatamente este labrego revelou ser Ulises, disfrazado despois do seu retorno, e así Odiseo mata e espanta aos pretendentes e queda con ela. Penélope e Ulises tiveron só un fillo chamado Telémaco.

Outras lendas sobre Penélope

[editar | editar a fonte]

Hai diversas lendas que contan o que ocorreu despois do retorno de Odiseo a Ítaca, recopiladas en breves resumos na Biblioteca mitolóxica de Apolodoro (Epítome vii.34).

  • O seu marido Odiseo foise a Tesprocia a realizar unha serie de sacrificios que lle encomendara Tiresias (Odisea, XI) e acabou casando coa raíña Calídice. Unha vez morta esta, Odiseo regresou a Ítaca e descubriu que Penélope dera a luz a Poliportes. Tempo despois, Telégono -fillo de Circe e Odiseo- chegou a Ítaca e matou, sen saber que era o seu pai, a Odiseo. Cando o descubriu, arrepentido, levou o cadáver do seu pai e a Penélope até Circe: alí, ela casou con Telégono e Telémaco con Circe, a cal fixo que o seu novo marido e Penélope foran inmortais.
  • Penélope foi seducida por Antínoo e por iso Odiseo devolveulla ao seu pai -Icario- e foi nai de Pan xunto a Hermes.
  • Penélope foi seducida por Antínoo e por iso Odiseo matouna.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]