Saltar ao contido

Pedro Barrié de la Maza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPedro Barrié de la Maza

Escultura a Barrié no Dique de abrigo da Coruña.
Biografía
Nacemento17 de decembro de 1888 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de marzo de 1971 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Santo Amaro da Coruña Editar o valor en Wikidata
Procurador en Cortes
6 de novembro de 1967 – 16 de febreiro de 1971
Procurador en Cortes
3 de xullo de 1964 – 15 de novembro de 1967
Procurador en Cortes
31 de maio de 1961 – 6 de xuño de 1964
Procurador en Cortes
16 de maio de 1958 – 18 de abril de 1961
Procurador en Cortes
14 de maio de 1955 – 14 de abril de 1958
Procurador en Cortes
14 de maio de 1952 – 13 de abril de 1955
Procurador en Cortes
13 de maio de 1949 – 5 de abril de 1952
Procurador en Cortes
12 de maio de 1946 – 4 de maio de 1949
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónEscola Superior de Comercio da Coruña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
OcupaciónEmpresario
Membro de
Outro
TítuloConde (1955–) Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAmalia Torres Sanjurjo, Carmela Arias Díaz de Rábago Editar o valor en Wikidata
PaiPedro Barrié Pastor Editar o valor en Wikidata
ParentesJuan Francisco Barrié d'Abadie, avó Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1385176 BUSC: barrie-de-la-maza-pedro-conde-de-fenosa-1888-1971

Pedro Barrié de la Maza, conde de Fenosa, nado na Coruña o 17 de decembro de 1888 e finado na mesma cidade o 14 de marzo de 1971,[1] foi un empresario e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Fillo de Pedro Barrié Pastor, herdeiro do Banco Pastor. Estudou a carreira de Comercio na Escola Superior de Comercio da Coruña, e logo ampliou os seus estudos financeiros en Gran Bretaña, Alemaña e Francia. Á súa volta comezou a traballar no negocio do pai e en 1915 foi nomeado socio e xerente da empresa, coa razón social Sobrinos de José Pastor. Cando morreu o seu pai en 1919, quedou á fronte da sociedade xunto ao curmán deste, Ricardo Rodríguez Pastor.

Banco Pastor

[editar | editar a fonte]

En 1925 produciuse unha escisión en Sobrinos de José Pastor, a parte bancaria constituíuse en sociedade anónima e pasou a chamarse Banco Pastor. Barrié de la Maza, accionista maioritario da nova entidade, cedeulle a presidencia a Ricardo Rodríguez, desempeñando os cargos de vicepresidente e director xeral. En 1939 faleceu Rodríguez Pastor e Pedro Barrié foi nomeado presidente e dirixiu o que era o principal banco de Galicia (Banco Pastor) até 1971, participando así no desenvolvemento económico de Galicia.

En 1937 asumiu a presidencia da Sociedad General Gallega de Electricidad, creando a partir dela en 1943 a empresa de electricidade Fuerzas Eléctricas del Noroeste S.A. (FENOSA), que foi adquirida por Gas Natural e pasou a chamarse Gas Natural Fenosa, actual Naturgy.

A intervención da ditadura foi decisiva no nacemento e expansión de Fenosa, creada en 1943. A orixe de Fenosa procede dun suceso relacionado co golpe de Estado. A compañía Electra Popular Coruñesa era a máis implantada en Galicia e propiedade de José Miñones Bernárdez, empresario e deputado republicano. Miñones foi fusilado poucos meses despois da sublevación militar e o novo réxime apropiouse das súas empresas, como aconteceu con tantas persoas represaliadas pola ditadura. Electra Popular Coruñesa foi adxudicada polos órganos do franquismo a Barrié de la Maza. Este fusionouna coas sociedades que controlaba para constituír Fenosa.[2]

Placa da Avenida Pedro Barrié de la Maza.

Outras empresas

[editar | editar a fonte]

Foi presidente de Astilleros y Talleres del Noroeste, S.A. (ASTANO) desde 1948 ata 1971. Desde 1944 ata 1971 foi Presidente da Xunta de Obras do Porto da Coruña construíndo, entre outras cousas, o dique de abrigo.

Promoveu ou presidiu moitas outras empresas como Aluminio de Galicia, Gas Madrid, La Toja, Minero Siderúrgica de Ponferrada, PEBSA etc.

Relacións políticas

[editar | editar a fonte]

Foi un dos principais financeiros do bando rebelde durante a guerra civil española, motivo polo cal Franco lle concedeu importantes privilexios. O 5 de decembro de 1938, xunto con Julio Muñoz Aguilar, gobernador civil da Coruña, promoveu a adquisición mediante unha subscrición popular do Pazo de Meirás, que fora de Emilia Pardo Bazán, para convertelo en residencia de verán do xeneral Franco. Foi procurador en Cortes designado por Franco dende 1946 até a súa morte en 1971.

O 1 de outubro de 1955 foille outorgado o título de conde de Fenosa pola promoción e o desenvolvemento da empresa eléctrica. Foi posuidor de moitas outras distincións como a Gran Cruz de Isabel a Católica, a Gran Cruz de Beneficencia e a Gran Cruz do Mérito Civil.

Tumba de Barrié no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.

Foi agraciado co primeiro premio da lotaría nacional de 1958. Despois dunha incerteza inicial en torno ao gañador, publicouse nos diarios que seis das sete series do número 33704 vendidas na administración o Gato Negro (A Coruña) cun importe de 180 millóns de pesetas foran depositadas no Banco Pastor.[3] Segundo relata o libro Grandes Empresas, grandes historias de Galicia (2000) as súas empresas do sector eléctrico e mineiro tiveron a fortuna de recibir estes 180 millóns de pesetas de inxección extra.

En 1966 creou a fundación Conde de Fenosa con sede na Coruña e un capital inicial de 3.300 millóns de pesetas e declarouna herdeira universal ó seu falecemento. A fundación é actualmente posuidora de máis do 40 % das accións do Banco Pastor, absorbido por Banco Popular, e despois Banco Santander.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en 1916 con Amalia Torres Sanjurjo, filla de Eduardo Torres Taboada, que finou en 1952[4]. Volveu casar en 1966 con Carmela Arias Díaz de Rábago, filla do seu curmán Vicente Arias de la Maza.

  1. "Ha muerto el conde de Fenosa" ABC, 14/3/1971 (en castelán).
  2. Bosch, Joaquim (2022). La patria en la cartera. Pasado y presente de la corrupción en España (en castelán). Ariel. p. 67. ISBN 978-84-344-3478-3. 
  3. "Seis series del gordo han sido depositadas en un banco de La Coruña". ABC. 30/12/1958. Consultado o 10/12/2012. 
  4. "Amalia Torres, la primera esposa de Pedro Barrié, falleció hace medio siglo". La Voz de Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21/04/2016. Consultado o 08/04/2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]