Pearl Harbor
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Pearl Harbor é unha base naval dos Estados Unidos e o cuartel xeral da frota estadounidense do Pacífico, na illa de Oahu, Hawai, preto de Honolulu.
Historia de Pearl Harbor antes de 1941
[editar | editar a fonte]Pearl Harbor era unha baía pouco profunda chamada Wai Momi polos hawaianos, o que significa « auga de perlas ». Pearl Harbor era entón considerado unha residencia da deusa-tiburón Ka'ahupahau e do seu irmán Kahi'uka.
O porto era utilizado principalmente para a produción de ostras de perlas até o final do século XIX.
Os Estados Unidos e o reino hawaiano asinaran un tratado de reciprocidade en 1875, completado pola convención do 6 de decembro de 1884 e ratificado en 1887. O 20 de xaneiro de 1887 o senado dos Estados Unidos autorizou a Mariña a alugar Pearl Harbor como base naval. A cambio, os hawaianos obtiveran o dereito exclusivo de exportar azucre aos Estados Unidos sen taxas alfandegueiras. A guerra hispano-americana de 1889 e a necesidade dos Estados Unidos de manter unha presenza permanente no océano Pacífico conduciron á anexación do Hawai.
Historia de Pearl Harbor despois do 7 de decembro de 1941
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Ataque a Pearl Harbor.
O ataque a Pearl Harbor por parte do Xapón o 7 de decembro de 1941 marcou a entrada dos Estados Unidos na segunda guerra mundial.