Pazo de Castro Monteagudo
Pazo de Castro Monteagudo | |
---|---|
Concello | Pontevedra |
Provincia | Pontevedra |
Comunidade | Galicia |
Coordenadas | 42°25′57″N 8°38′35″O / 42.432527777778, -8.6430277777778 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | (Barroco, 1760) |
Estilo actual | (Barroco, século XVIII) |
Estado actual | en bo estado |
Véxase tamén | |
Pazos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Pazo de Castro Monteagudo, é un pazo barroco do século XVIII situado na rúa Pasantería, xunto á Praza da Leña da cidade de Pontevedra, en pleno casco antigo.
Historia
[editar | editar a fonte]O pazo de Castro Monteagudo construíuse en 1760, como indica un documento en latín atopado durante a súa reforma.[1] O seu promotor e propietario foi José de Castro Monteagudo, primeiro interventor da provincia marítima de Pontevedra.
Máis adiante, a escola masculina instalouse no piso superior, e a tenda La Imperial, o restaurante La Flor e un taller de carpintería situáronse no piso inferior.[2]
En 1928, o Museo de Pontevedra comprouno ao seu propietario Casimiro Gómez Cobas por 52.000 pesetas para instalar o museo. Este pazo converteuse na súa primeira sede.[3] Castelao, mecenas fundador do museo, participou nas ideas para a súa remodelación e adaptación para converterse en museo: debuxou varios deseños para a distribución interior e para o balcón superior, que aínda se conservan.[4] O edificio abriuse ao público como museo o 10 de agosto de 1929.[5]
As obras de ampliación do pazo comezaron en abril de 1936. A parte co arco que o conecta co pazo de García Flórez engadiuse en 1943, segundo o proxecto do arquitecto Robustiano Fernández Cochón, que tamén se encargou de incorporar unha torre ao pazo.[6]
Descrición
[editar | editar a fonte]Este pazo urbano ten unha fachada principal na rúa Pasantería de características austeras, con dúas fiestras e unha porta central con balcón na planta superior e unha porta de entrada no centro e outras dúas ventás na planta baixa.
Na fachada sur destaca un balcón sostido por grandes modillóns sobre os que hai tres columnas de pedra que sosteñen o tellado. Ao final desta fachada, o pazo ten unha torre con varias xanelas e un balcón que foi engadido no século XX, así como un escudo de pedra de Pontevedra. Na fachada que dá ao xardín interior tamén se pode ver o escudo de Pontevedra. O pazo ten 739 metros cadrados de superficie construída.[7]
O edificio alberga coleccións de arqueoloxía, ourivaría prerromana e romana e pintura gótica, renacentista e barroca española, italiana e flamenga dos séculos XV ao XVIII. Expóñense cadros de Pedro Berruguete, Juan Correa de Vivar, Eugenio Cajés e Juan Pantoja de la Cruz, entre outros.[1][8]
Tras a súa reforma aprobada en 2022 os espazos interiores serán diáfanos e libres de obstáculos, quedando só as paredes mestras orixinais que lle darán un aspecto unificado. O pazo terá tamén unha ancha conexión subterránea co pazo de García Flórez.[9]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Balcón e modillóns na fachada sur
-
Torre
-
Arco e ponte engadidos en 1943
-
Fachada principal
-
Fachada e balcón
-
Torre
-
O pazo á noite
-
Fachada sur
-
Fachada norte
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Visita los seis edificios del Museo de Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de novembro de 2018.
- ↑ "El séptimo edificio del Museo se hará en Valdecorvos". Diario de Pontevedra (en castelán). 13 de novembro de 2019.
- ↑ "Las mejoras de los edificios Castro Monteagudo y García Flórez del Museo saldrán a licitación el próximo mes". Faro (en castelán). 4 de maio de 2014.
- ↑ "Los 11 edificios que reconoces si eres de Pontevedra". El Español (en castelán). 28 de xaneiro de 2021.
- ↑ "El Museo de Pontevedra atesora más de setenta obras del Prado". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xullo de 2012.
- ↑ "Del edificio García Flórez al cine Malvar". Faro (en castelán). 7 de febreiro de 2016.
- ↑ "La reforma de las sedes centrales del Museo se iniciará este año". Diario de Pontevedra. 5 de maio de 2022.
- ↑ "Pazo García Flórez, edificio Castro Monteagudo: hoy un bello museo. Memorando Civitatem Duo Pontes". Pontevedra Viva (en castelán). 26 de febreiro de 2022.
- ↑ "Desbloqueo de la reforma de los edificios del Museo de Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de novembro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pazo de Castro Monteagudo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Aganzo, Carlos (2010). Pontevedra. Ciudades con encanto (en castelán). Madrid: El País-Aguilar. p. 54-55. ISBN 978-8403509344.
- Fontoira Surís, Rafael (2009). Pontevedra monumental (en castelán). Pontevedra: Deputación de Pontevedra. p. 310-311. ISBN 978-84-8457-327-2.
- Riveiro Tobío, Elvira (2008). Descubrir Pontevedra (en castelán). Pontevedra: Edicións do Cumio. p. 61. ISBN 9788482890852.