Pavl Evdokimov
Nome orixinal | (ru) Павел Николаевич Евдокимов |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 2 de agosto de 1901 (Xuliano) San Petersburgo, Rusia |
Morte | 16 de setembro de 1970 (69 anos) Meudon, Francia |
Presidente Syndesmos (en) | |
– John Meyendorff (pt) ⊟ | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Actividade | |
Campo de traballo | Teologia da Igreja Ortodoxa Oriental (pt) e filosofía |
Ocupación | filósofo, teólogo, profesor universitario |
Empregador | St. Sergius Institute (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Tomoko Faerber-Evdokimov (1954–1970) Nathalie Brunel (1926–1945) |
Fillos | Nina Pecheff-Evdokimoff () Nathalie Brunel Michel Evdokimov () Nathalie Brunel |
Pavl Nikolaievich Evdokimov, nado en San Petersburgo o 2 de agosto de 1901 e finado o 16 de setembro de 1970 en Meudon foi un teólogo ruso pertencente á Igrexa Ortodoxa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Marcado polo asasinato do seu pai en 1907, ingresou na Escola de Cadetes, pasando longos retiros en mosteiros ortodoxos. Inicia estudos de teoloxía en Kíiv e combate durante dous anos no exército branco. Trala derrota, estivo exiliado en Constantinopla e finalmente chega a París en 1923, onde traballa de taxista, pinche, quenda nocturna na Citroën, limpeza de vagóns, conseguindo sobrevivir para licenciarse en filosofía na Sorbona e teoloxía no Instituto de San Serxio. A súa tese foi sobre Dostoievski e o problema do mal. Durante a segunda guerra mundial implícase no Comité intermovementos de axuda aos evacuados; e durante a posguerra organiza unha casa de acollida aos refuxiados en Bievres. Colaborou con varias iniciativas humanitarias e foi profesor do Instituto de Estudos Ecuménicos e no Consello Ecuménico das Igrexas. Foi invitado como observador ortodoxo ao Concilio Vaticano II.
Pensamento
[editar | editar a fonte]Para Pavl Evdokimov, tanto o existencialismo de Jean Paul Sartre, a psicanálise de Sigmund Freud e a filosofía de Feuerbach ou Nietzsche teñen posto de manifesto que o home, arrebolado a un mundo inxusto e hostil dimite e busca unha evasión en ribeiras máis consoladoras. Deus é unha proxección que protexe ao home do enfrontamento co real. Porén, para Evdokimov o ateísmo non contén ningunha explicación construtiva da existencia. Só o marxismo coa súa promesa solidaria de futuro permite rachar o círculo pechado da existencia humana, pero cae tamén no mito dun Paraíso na terra afastado da función do real e do home concreto e inerme, e se desliza cara a un antiteísmo militante que denota un estado pasional netamente patolóxico.
Pero Evdokimov é tamén crítico cunha teoloxía que reduce a Deus a un dato exterior ao Cosmos e á existencia e o converte no fundamento dun sistema de prohibicións inimigo da felicidade, orixe de tabús sociais e coartada para a opresión dos poderosos. No mellor dos casos o cristianismo é unha das formas sociolóxicas típicas, un exemplo chocante de alienación, o que explica o seu fracaso.
Fronte a todo isto Evdokimov presenta como promesa liberadora a tradición dos Pais da Igrexa, en especial os orientais:Gregorio Nacianceno, Gregorio de Nisa, Xoán Crisóstomo...e unha visión renovada e actualizada da teoloxía bizantina, en particular Gregorio Palamas e Nicolás Cabasilas. Un pensamento que non separa mística de teoloxía, experiencia e dogma. O cristianismo, para ser fiel a si mesmo, debe volver a estas fontes da vida espiritual e poder dar unha resposta auténtica ás inquedanzas individuais e sociais da persoa. Esa resposta debe ser ofrecida dende a debilidade propia da Cruz, partindo da base de que Deus acepta ser rexeitado, descoñecido, desbotado, evacuado da súa propia creación.
Obras
[editar | editar a fonte]- Dostoïevsky et le problème du mal
- La Femme et le salut du monde
- L´Orthodoxia
- Les Ages de la vie spirituelle
- L´Art de icône, théologie de la beauté
- L´Amour foeu de Dieu
- L´Boission ardent
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Introdución de Luce Giard en Paul Evdokimov, El Amor Loco de Dios, Madrid 1990, ISBN 84-277-0857-2
- Introdución de Olivier Clément en Paul Evdokimov, Las Edades de la Vida Espiritual, Salamanca 2001, ISBN 84-301-1479-3