Paulo Fabio Máximo
Paulo Fabio Máximo (esquerda) e César Augusto na Praza Maior de Lugo | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | década de 40 a. C. |
Morte | 14 (43/53 anos) |
Senador romano | |
Gobernador romano | |
Cónsul romano | |
Actividade | |
Ocupación | político, militar |
Período de tempo | República Romana Tardía e Alto Imperio Romano |
Familia | |
Cónxuxe | Marcia Sempronia Atratina |
Fillos | Fabia Numantina () Marcia Paulo Fábio Pérsico () Marcia |
Pai | Quinto Fábio Máximo |
Irmáns | Africano Fábio Máximo Fabia Paullina |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Paulo Fabio Máximo (en latín: Paullus Fabius Maximus) foi un cónsul do Imperio Romano, cabaleiro, e o fillo máis vello de Quinto Fabio Máximo, cónsul sufecto da República no 45 a. C., e dunha muller descoñecida. Recibiu o seu nome na honra de Lucio Emilio Paulo Macedónico cónsul republicano e devanceiro seu.
Participou no 12 a. C. na reorganización política do noroeste da Península Ibérica, no proceso de romanización de Galicia. Aínda que é maioritariamente recoñecido como o fundador da cidade de Lugo (Lucus Augusti) na antiga Gallaecia, de cuxo establecemento aínda se conserva a ara fundacional, non tódolos investigadores están de acordo.[1] No ano 11 a. C. foi nomeado cónsul segundo xunto a Quinto Elio Tubero.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A primeiro posto coñecido de Paulo Máximo foi cuestor de Augusto durante as viaxes deste último a través das provincias orientais entre os anos 22 e 19 a. C.. Entre os anos 15 e 13 a. C., como legado do emperador, participou na organización política da Gallaecia, fundando nas coordenadas tolemaicas de 7º25' - 44º25') a cidade de Lucus Augusti (actual Lugo). Para poboala licenciou aos soldados de maior idade dándolles terras para cultivar e substituíndoos con soldados galaicos. No ano 11 a. C. foi nomeado cónsul[2] segundo xunto a Quinto Elio Tubero, servindo logo como procónsul da provincia de Asia no 9 a. C., durante o cal, acuñáronse moedas coa súa propia imaxe, e Legatus Augusti na Hispania Citerior entre os anos 3-2 a. C.[2] Foi membro dos Irmáns Arvales (do latín: Fratres Arvales), unha confraría sacerdotal romana.
Máximo faleceu durante o verán do ano 14 d. C.. Informou Tácito, que antes da súa morte, Máximo acompañou a Augusto nunha visita secreta ao último neto supervivente do Emperador, Agripa Póstumo, onde se reconciliaron avó e neto. Con todo, dise que Máximo falou desta visita coa súa esposa, Marcia, quen, á súa vez, informou á esposa de Augusto, Livia. Debido a iso, cóntase que Augusto se anoxou por esa traizón á súa confianza e que a morte Paulo "foi un resultado directo ou indirecto desta". Con todo, hai dúbidas en canto á exactitude e veracidade da historia. Máximo foi sucedido nos Irmáns Arvales polo seu fillo, Fabio Paulo Pérsico.
Matrimonio e descendencia
[editar | editar a fonte]No ano 10 a. C, Paulo casou con Marcia, filla de Lucio Marcio Filipo, cónsul da República, e Atia (unha tía materna de Augusto). Como resultado da súa maternidade, Marcia era un curmá de Augusto. Con ela, Máximo tivo, polo menos, un fillo, chamado Paulo Fabio Pérsico (cónsul 34), quen naceu probablemente no anos 2 ou 1 a.C.. Un segundo descendente puido ser Fabia Numantina, aínda que é posible que fóse a filla do irmán de Paulo, Africano Fabio Máximo.
Cultura
[editar | editar a fonte]Máximo é mencionado por Juvenal coma se fose un xeneroso mecenas da poesía. Tamén se lle menciona (xunto con Xulio Antonio) nunha das odas de Horacio. Tamén é o destinatario dunha canción de vodas composta polo poeta Ovidio.
Ao redor do ano 9 a. C., o consello provincial da provincia de Asia, decidiu que era necesario tratar de atopar un xeito único de honrar a Augusto. Como tal, decretouse un concurso no que o gañador recibiría unha coroa da provincia. Foi o propio Paulo, sendo cónsul de Asia, quen tivo a proposta gañadora, en concreto un novo calendario para a provincia de Asia, onde o ano novo comezaba o 23 de setembro, aniversario de Augusto.
Legado
[editar | editar a fonte]Como fundador da cidade, a figura Paulo Fabio Máximo está homenaxeada en varios aspectos. Así, na zona norte da cidade está a Avenida Paulo Fabio Máximo, que conecta a Avenida da Coruña cunha zona comercial e de lecer. Tamén hai unha estatua súa, xunto con Augusto, na Praza Maior. Ademais, a mascota do equipo de baloncesto da cidade, o Breogán, é un león chamado Maximus (ou Máximo) na súa honra.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Villanueva Acuña, Manuel (2016). Universidad Carlos III de Madrid: Instituto de Historiografía "Julio Caro Baroja", ed. "La fundación de Lucus Augusti: nuevas perspectivas". Revista de historiografía (RevHisto) (en castelán) (Madrid) (25): 273–286. ISSN 1885-2718. doi:10.20318/revhisto.2017.3586.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fundación de Lucus Augusti. Paulo Fabio Máximo
- Os Anais de Tácito. Capítulo V (en inglés)
- Moedas de Paulo Fabio Máximo (en alemán)
- Cónsules romanos no Alto Imperio
Predecesor: Lucio Volusio Saturnino e Marco Valerio Mesala Apiano e os suffectos Gaio Valxio Rufo e Gaio Caninio Rébilo |
Cónsul do Alto Imperio Romano |
Sucesor: Xulio Antonio e Africano Fabio Máximo |