Paulinho Paiakan
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de abril de 1953 Q97066114 |
Morte | 17 de xuño de 2020 (67 anos) Hospital Regional Publico do Araguaia, Brasil (en) |
Causa da morte | COVID-19 |
Grupo étnico | Pobo caiapó |
Outro | |
Condenado por | Abuso sexual (1998) |
Cronoloxía | |
26 de febreiro de 2020 | pandemia de COVID-19 no Brasil (pt) |
Descrito pola fonte | Paulinho Paiakan, indigenous defender of rainforest, dies at 67 (en) |
Paulinho Paiakan, finado o 16 de xuño de 2020, foi un líder do pobo caiapó, unha tribo indíxena do Brasil. Liderou aos caiapó nas súas protestas contra a destrución da selva amazónica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Paiakan foi contratado polo goberno brasileiro en 1971 para facilitar a construción do sistema de estradas trans-amazónicas polas terras do pobo caiapó.[1] Unha vez que Paiakan viu a natureza do proxecto de primeira man, deixou o traballo e comezou a mobilizar ao seu pobo contra o proxecto. Xunto a un grupo de persoas da súa vila natal, estableceu unha nova aldea chamada Aukre, onde se propuxo gravar a destrución da selva e das tradicións caiapó.
Deuse a coñecer no escenario mundial percorrendo Europa e América do Norte con comparecencias públicas e discursos, coa colaboración da Rede Amigos da Terra, o Fondo Mundial para a Vida Silvestre e o Grupo de Apoio aos Caiapó de Chicago nunha campaña contra o proxecto da presa de Altamira. Na Universidade de Chicago declarou:
O bosque é unha cousa grande; ten persoas, animais e plantas. De nada serve salvar os animais se se queima o bosque; non ten sentido salvar o bosque se as persoas e animais que viven nel son asasinadas ou expulsadas. Os grupos que intentan salvar as razas de animais non poden gañar se as persoas que intentan salvar o bosque perden; a xente que intenta salvar aos indíxenas non pode gañar se algún dos outros perde; os indíxenas non poden gañar sen o apoio destes grupos; pero os grupos non poden gañar tampouco sen o apoio dos indíxenas, que coñecen o bosque e os animais e poden contar o que lles está pasando. Ninguén de nós é o suficientemente forte como para gañar só; xuntos podemos ser o suficientemente fortes como para gañar.[2]
O Banco Mundial anunciou que non concedería a Brasil un préstamo para o proxecto despois desta campaña e da protesta en Altamira.[Cómpre referencia]
Acusación de violación e xuízo
[editar | editar a fonte]En 1992, Paiakan foi acusado de violar a unha muller xove e branca á que contratara para dar titorías aos seus fillos.[3][4][5] En 1994 foi absolto, pero nun novo xuízo en 1999 foi condenado a seis anos de prisión. O asunto estigmatizou non só a Paiakan, senón a todo o movemento de pobos indíxenas do que fora unha figura clave.[6]
Morte
[editar | editar a fonte]Paiakan faleceu o 16 de xuño de 2020 no Hospital Público Rexional do Araguaia en Redenção, Pará, pola COVID-19.[7] Tiña ao redor de 65 anos no momento da súa morte.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fighting for the Rainforest – the Kayapo of Brazil and a Man Who Would Save the World" (en inglés). 12 de abril de 1992. Consultado o 20 de xuño de 2020.
- ↑ Turner, T. (1993). "The role of indigenous peoples in the environmental crisis: The example of the Kayapo of the Brazilian amazon". Perspectives in Biology and Medicine (en inglés) 36 (3): 526–545. doi:10.1353/pbm.1993.0027.
- ↑ "A explosão do instinto selvagem" (en portugués). 10 de xuño de 1992. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2010. Consultado o 20 de xuño de 2020.
- ↑ "Indian-White Rape Case Splits Brazil". The New York Times (en inglés). 5 de xullo de 1992. Consultado o 20 de xuño de 2020.
- ↑ Moore, Pulp Fictions of Indegenism; Pandian, Anand (2003). Pulp Fictions of Indegenism (en inglés). Duke University Press. p. 365. ISBN 9780822330912.
- ↑ "A Crime in Benefit of Land Grabbers : Rape charges against a Brazilian Indian leader smell of a political frame-up." (en inglés). 9 de setembro de 1992. Consultado o 20 de xuño de 2020.
- ↑ "Líder indígena Paulinho Payakan morre com Covid-19 no Pará" (en portugués). Consultado o 20 de xuño de 2020.
- ↑ "Iconic Amazon indigenous chief Paulinho Paiakan dies of coronavirus in Brazil" (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2020.