Patti Smith
Patricia Lee Smith, nada en Chicago (Illinois) o 30 de decembro de 1946, é unha cantautora e poeta estadounidense, máis coñecida como Patti Smith.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Definida como a madriña do punk, Patti Smith inventou unha nova definición do feminino: nas súas cancións, na súa poesía, proxectouse como lesbiana, andróxina, home, mártir, Deus-Muller.
En 1955, o mesmo ano no que nacía o rock and roll, a cantautora trasladouse a Nova Jersey. Súa nai era testemuña de Xehová, e seu pai ateo, un feito que a marcou profundamente, dándolle unha dobre visión de Deus, unha visión que percorre todo o seu traballo. Apaixonada pola vida e pola obra de Arthur Rimbaud e Jean Genet, en 1967 mudou a Nova York, onde coñeceu o pintor Robert Mapplethorpe, con quen viviu durante un tempo. Anos máis tarde, a cantautora trasladouse a París coa súa irmá, onde traballou nas rúas como performance artist. Durante os anos setenta foi abrindo camiño no mundo do teatro e da poesía underground mentres lles abría o pano a bandas como The New York Dolls, escribía cancións para Blue Oyester Cult, ou publicaba os seus primeiros poemas nun festival en honor a Rimbaud.
En 1975 e coa colaboración de John Cale, Patti Smith gravou o seu primeiro disco, Horses, un disco cuxa portada a constituía unha foto feita por Mapplethorpe, na que Smith non era nin home nin muller. Un ano despois aparecía o seu segundo traballo, Radio Ethiopia, no que mesturaba a linguaxe relixiosa co rock and roll e no que Genet era a súa máxima inspiración. Máis tarde virían Easter (1978) e Wave (1979).
Ata 1996 Smith estivo recluída en Detroit. Casada con Fred “Sonic” Smith, con quen tivo dous fillos, a cantautora decidiu editar en 1988 un disco dunha soa tirada, Dream of Live, ao que seguirían Gone Again en 1996, editado logo da morte do seu home; Peace and Noise en 1997; Gung Ho no 2000; Trampin' no 2004; e Twelve no 2007.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Horses | 1975 | Arista Records |
Radio Ethiopia | 1976 | Arista Records |
Easter | 1978 | Arista Records |
Wave | 1979 | Arista Records |
Dream of Life | 1988 | Arista Records |
Gone Again | 1996 | Arista Records |
Peace and Noise | 1997 | Arista Records |
Gung Ho | 2000 | Arista Records |
Trampin' | 2004 | Columbia Records |
Twelve | 2007 | Columbia Records |
Banga | 2012 | Columbia Records |
Recompilatorios
[editar | editar a fonte]- The Patti Smith Masters (1996).
- Land (1975-2002) (2002).
Obra
[editar | editar a fonte]- Seventh Heaven (1972). Poesía.
- Witt (1973). Poesía.
- Woolgathering (1992). Poesía.
- Babel. Poesía. Ed. Anagrama, 1996.
- The Coral Sea (1996). Poesía.
- Strange Messenger, exposición de arte publicada como libro no 2003.
- Auguries of Innocence (2005). Poesía.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Patti Smith. Dream of life [1]. Documental sobre a artista dirixido por Steven Sebring, quen filmou a artista durante once anos, desde 1996 a 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Patti Smith |